AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Bota a andar o programa terapéutico «Camiño pola memoria»

A Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer da Coruña (AFACO), en colaboración coa escola municipal infantil dos Rosales da cidade, pon en marcha o programa interxeracional «Camiño pola memoria». O obxectivo do devandito programa é poñer en contacto a nenos, de entre 0 e 3 anos, con persoas maiores de 70, que padecen alzhéimer.

Máis precisamente, o proxecto busca crear entre as dúas xeracións un lazo simbólico que, na práctica, ten como fío condutor o Camiño de Santiago. Para iso, os menores e os adultos uniranse no peregrinar periodicamente durante os dous próximos cursos escolares (2016-17 e 2017-18) grazas a unha simpática mascota, de nome Peregrillo. E farano da man de peregrinos reais que si percorren, a pé, as 30 etapas de que consta o Camiño Francés.

O apoio dos propios camiñantes, e da rede de albergues do Camiño, fará posible que nenos e maiores coñezan as peculiaridades da gastronomía, da arquitectura etc. das cidades e pobos polos que pasa a ruta xacobea. A medida que Peregrillo, avance en cada etapa, nos centros de AFACO e na escola infantil, diferentes profesionais ensinarán a nenos e maiores todo aquilo que ve Peregrillo no seu camiñar. Como? Os camiñantes voluntarios, que se comprometen a trasladar á nosa mascota etapa a etapa, farannos chegar o seu testemuño gráfico e a súa experiencia persoal, que plasmaremos neste blogue.

De modo que, Peregrillo non é senón unha magnífica escusa que achega numerosos beneficios terapéuticos: axuda aos nenos, que comezan a descubrir a realidade que lles rodea, mentres que no caso dos adultos foméntase a creación de lazos afectivos e a súa integración plena na sociedade.

 

Reportaxe publicada no xornal La Opinión A Coruña sobre o programa.

Imaxes de edicións anteriores do programa intergeneracional. 

 

 

 

Galería (pulse para ampliar)

Anterior Xullo 2017 Siguiente
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar