AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Centro de día Barrio de las Flores

A nosa sede do Barrio de las Flores está situada na rúa Petunias, 33, Baixo (en fronte do polideportivo).

Inaugurado en 2011, o centro de día está indicado para a atención e estimulación de persoas afectadas por unha demencia en estadio moderado ou avanzado, en horario de xornada completa (de 9 a 20), media xornada de mañá (de 9 a 14:30, con ou sen comida) ou de tarde (de 14.30 a 20.00). De maneira excepcional, acudirán persoas en fase inicial, no caso de que a situación sociofamiliar así o requira.

Por tanto, o centro de día AFACO ofrece atención diurna a persoas afectadas por unha demencia en calquera dos seus estadios. Así mesmo, o centro mantén a filosofía preventiva e rehabilitadora de AFACO, dando continuidade á estimulación terapéutica. Deste modo, combínase a atención persoal permanente, con actividades específicas de estimulación cognitiva, física e terapia afectiva, fundamentais no tratamento dos síntomas que presentan as persoas afectadas.

Servizos de comedor e transporte.

Se desexa concertar unha cita o ten problemas para localizarnos, non dubide en chamar ao teléfono 981 20 58 58 extensión 2001, onde solucionaremos calquera dúbida que lle poida xurdir.

 

Google Maps



Como e onde solicitar á Consellería de Benestar unha axuda para os centros de AFACO?

Os centros de AFACO están incluídos na carteira de servizos da Consellaría de Traballo e Benestar, polo que as personas afectadas por unha demencia que acoden aos nosos centros teñen dereito a solicitar unha axuda á Xunta para o copagamento dos servizos.

A devandita axuda, recollida dentro do catálogo de prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, recibe o nome de «libranza económica vencellada ao servizo».

No que concerne ao servizo de atención diurna e de atención de noite para persoas en situación de dependencia, faise mención expresa ao servicio de atención diurna para persoas maiores, que se corresponde coa atención que se presta no Centro de día de AFACO, polo que los usuarios das nosas instalacións poden solicitar esta axuda.

Por tanto, as persoas que acuden as nosas instalación de Salvador de Madariaga, donde está radicado o noso Centro terapéutico, poden solicitar esta axuda.


Análise de ocupación


Medición da satisfacción

Galería (pulse para ampliar)

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar