AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Centro Terapéutico de S. Diego

A nosa sede está situada no Parque de San Diego, s/n. Centro Cívico de San Diego, baixo (fronte á entrada do ximnasio de San Diego), na Coruña.

Se desexa concerta unha cita ou ten problemas para localizarnos, non dubide en llamarnos ao teléfono 981 20 58 58 extensión 1001, onde solucionaremos calquera dúbida que lle poida xurdir.

 

Google Maps

Como e onde solicitar á Consellaría de Benestar unha axuda para os centros de AFACO?

Os centros de AFACO están incluídos na carteira de servizos da Consellaría de Traballo e Benestar, polo que as personas afectadas por unha demencia que acoden aos nosos centros teñen dereito a solicitar unha axuda á Xunta para o copagamento dos servizos.

A devandita axuda, recollida dentro do catálogo de prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, recibe o nome de «libranza económica vencellada ao servizo».

Así, dentro dos servizos de promoción da autonomía persoal, faise mención específica ao servizo de estimulación cognitiva, que se define como o «tratamento terapéutico que, por medio das técnicas axeitadas, ten por finalidade manter e mellorar o funcionamento dalgunha ou dalgunhas das capacidades cognitivas superiores (razoamento, memoria, atención, concentración, linguaxe e similares), das capacidades funcionais, a conduta e/ou a afectividade».

O programa Activa-T de AFACO é un programa de estimulación dirixido precisamente a promover a autonomía persoal, polo que os usuarios que siguen o devantito programa poden solicitar a axuda.

Galería (pulse para ampliar)

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar