AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Centro terapéutico Salvador de Madariaga

A nosa sede de Elviña está situada na rúa Salvador de Madariaga nº 87, en A Coruña.

Este centro está indicado para a estimulación de persoas afectadas por unha demencia en estadio leve ou moderado. Perséguese a activación das capacidades remanentes, físicas e psíquicas das persoas afectadas, co fin de atrasar, o máis posíbel, o avance desta patoloxía neurodexenerativa.

De luns a venres, en horario de 10 a 14 ou de 16 a 20. Non é posible acudir ás dúas quendas.

Servizos de transporte

Se desexa concertar unha cita o ten problemas para localizarnos, non dubide en chamar ao teléfono 981 20 58 58 extensión 3001, onde solucionaremos calquera dúbida que lle poida xurdir.

Google Maps

Como e onde solicitar á Consellería de Benestar unha axuda para os centros de AFACO?

Os centros de AFACO están incluídos na carteira de servizos da Consellaría de Traballo e Benestar, polo que as personas afectadas por unha demencia que acoden aos nosos centros teñen dereito a solicitar unha axuda á Xunta para o copagamento dos servizos.

A devandita axuda, recollida dentro do catálogo de prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, recibe o nome de «libranza económica vencellada ao servizo».

Así, dentro dos servizos de promoción da autonomía persoal, faise mención específica ao servizo de estimulación cognitiva, que se define como o «tratamento terapéutico que, por medio das técnicas axeitadas, ten por finalidade manter e mellorar o funcionamento dalgunha ou dalgunhas das capacidades cognitivas superiores (razoamento, memoria, atención, concentración, linguaxe e similares), das capacidades funcionais, a conduta e/ou a afectividade».

Por tanto, as persoas que acuden as nosas instalación de Salvador de Madariaga, donde está radicado o noso Centro terapéutico, poden solicitar esta axuda.


Análise de ocupación

Medición da satisfacción

Galería (pulse para ampliar)

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar