AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Demencias

Que é unha demencia?

É unha patoloxía que afecta a varias funcións cerebrais nun grao tal que altera a capacidade para desempeñar tarefas que previamente realizaba autonomamente (recordar, orientarse, conversar, manexar o diñeiro, vestirse, camiñar...). A enfermidade de Alzheimer é un tipo de demencia.


Cerebro normal fronte a cerebro afecto pola enfermidade de Alzheimer

Tipos de demencias

  • Enfermidade de Alzheimer
  • Demencia mixta (vascular + enfermidade de Alzheimer)
  • Demencia multi-infarto ou vascular
  • Demencia por corpos de Lewy
  • Demencia frontotemporal
  • Demencia asociada con Parkinson

En que consiste a enfermidade de Alzheimer?

A enfermidade de Alzheimer (EA), que recibe o nome do médico alemán que a diagnosticou por primeira vez en 1907 ao estudar o cerebro dunha muller de 56 anos, consiste nunha dexeneración irreversíbel e incurábel do cerebro que produce perda da memoria, desorientación e, nalgúns ocasións, alteracións da personalidade. É unha enfermidade cerebral na que existe unha perda difusa de células cerebrais (neuronas) que afecta ás funcións mentais dun individuo de forma progresiva.

Epidemioloxía

España é o segundo país europeo con maior número de persoas diagnosticadas da enfermidade de Alzheimer. A incidencia desta patoloxía cífrase en 800.000 casos en España, 50.000 en Galicia e arredor de 5.000 só na cidade da Coruña. E na vindeira década, duplicarase o número até superar o millón e medio de casos no ano 2020, segundo datos ofrecidos pola Confederación Española de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias. A media española de persoas que sofren esta patoloxía supón o 1,5% e supera amplamente a media europea, que está no 1,28%.

A EA adoita afectar á terceira parte dos que acadan a idade de 85 ano, un dato significativo se se considera o aumento xeral da esperanza de vida nos países occidentais.

Para máis información, consultar o libro Preguntas arredor do Alzheimer.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar