AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

O Pazo de San Paio de Bañobre (Miño) acolleu o 'VIII Encontro de coidadores familiares' de AFACO

O Pazo de San Paio de Bañobre (Miño) acolleu o 'VIII Encontro de coidadores familiares' de AFACO

O Pazo de San Paio de Bañobre, no municipio de Miño, acolleu a oitava edición do 'Encontro de coidadores familiares' organizado por AFACO. A través da posta en común das súas experiencias persoais e da realización de diversas actividades, os coidadores puideron, un ano máis, coñecer cómo outros na súa mesma situación afrontan as dificultades que implica o coidado dunha persoa con Alzheimer.

Usuarios de AFACO visitan a escola de acrobacias Sue Moreno e os hortos urbanos de Val de Feáns

Usuarios de AFACO visitan a escola de acrobacias Sue Moreno e os hortos urbanos de Val de Feáns

A visita dos usuarios do centro de día de Petunias á escola de acrobacias aéreas Sue Moreno e a dos do centro terapéutico de San Diego ós hortos urbanos de Val de Feáns, ambas o pasado 18 de maio, son as últimas dun programa que, durante o presente curso, incluiu tamén excursións á Panadería Carnoedo de Fonteculler e a espazos culturais como o Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa, o Museo de Belas Artes e o Museo Militar.

Curso de especialización en demencias para desempregados da rama sociosanitaria

Curso de especialización en demencias para desempregados da rama sociosanitaria

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer da Coruña (AFACO) e o Concello organizan un curso de especialización en demencias para desempregados da cidade, que comezará o vindeiro día 24 no Centro Municipal de Emprego.

A aplicación de AFACO ‘YoTeCuido’, distinguida nos I Premios Salud Digital

A aplicación de AFACO ‘YoTeCuido’, distinguida nos I Premios Salud Digital

A aplicación 'YoTeCuido', creada pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de A Coruña (AFACO) e Lapisoft para axudar ós familiares de persoas con Alzheimer e os que padecen éste ou outro tipo de demencia nunha fase inicial, foi distinguida como finalista dos I Premios Salud Digital, que organiza o grupo editorial Mediforum.

AFACO recibe o Premio Antonio Baró polo seu compromiso coa prevención de riscos laborais

AFACO recibe o Premio Antonio Baró polo seu compromiso coa prevención de riscos laborais

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de A Coruña (AFACO) recibiu o Premio Antonio Baró polo seu compromiso coa prevención de riscos laborais. O galardón, que concede MC Mutual, constitúe un recoñecemento a empresas, persoas e institucións que fan esforzos por incrementar a seguridade dos traballadores e que poñen en marcha políticas e protocolos activos para elo.

YoTeCuido elixida mellor APP para pacientes pola Fundación iSYS

YoTeCuido elixida mellor APP para pacientes pola Fundación iSYS

A aplicación YoTeCuido, deseñada conxuntamente pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de A Coruña (AFACO) e Lapisoft para axudar ós familiares de persoas con Alzheimer e a aqueles que padecen éste ou outro tipo de demencia nunha fase inicial, foi elixida pola Fundación iSYS como a mellor APP para pacientes.

Aberto o prazo de inscrición para o V Plan de Formación

Aberto o prazo de inscrición para o V Plan de Formación

Dirixido a coidadores familiares, arrancará o vindeiro día 9 de febreiro cunha ponencia sobre terapias non farmacolóxicas que impartirán a psicóloga e directora técnica de AFACO, Elena Viqueira, e o responsable do programa Música e Saúde, Igor Clemente. Tódalas charlas celebraranse na Biblioteca Pública Miguel González Garcés.

Concerto de Silvia Penide a beneficio de AFACO

Concerto de Silvia Penide a beneficio de AFACO

A cantautora coruñesa Silvia Penide actuará o vindeiro 10 de febreiro nun concerto a beneficio de AFACO na sede de Afundación

'Paso a paso', a canción de Silvia Penide para o proxecto «Camiño pola memoria»

'Paso a paso', a canción de Silvia Penide para o proxecto «Camiño pola memoria»

A cantautora presenta na Casa dos Peixes da Coruña a canción que compuxo para o programa interxeracional que desenvolve AFACO e a escola municipal infantil dos Rosales e que ten como eixo central a ruta francesa do Camiño de Santiago.

Bota a andar o programa terapéutico «Camiño pola memoria»

Bota a andar o programa terapéutico «Camiño pola memoria»

O obxectivo do proxecto, que se levará a cabo durante os dous vindeiros cursos, coa colaboración da escola infantil municipal dos Rosales da Coruña, é poñer en contacto a nenos de até 3 anos con maiores de 70 anos, que teñen alzhéimer.

Xa se pode solicitar en Galicia a tarxeta que acredita o grao de discapacidade

Xa se pode solicitar en Galicia a tarxeta que acredita o grao de discapacidade

O documento, que poderá tramitarse a partir do 1 de setembro, expedirase de oficio ás persoas cuxa resolución de recoñecemento ou revisión de grao de discapacidade sexa posterior ao 5 de agosto.

Que é un centro de día para paciente con alzhéimer?

Que é un centro de día para paciente con alzhéimer?

Trátase de establecementos con fins sociais e terapéuticos dirixidos especificamente a pacientes con deterioración cognitiva.

As saídas culturais nas que participan os usuarios de AFACO permite aos pacientes de alzhéimer ter acceso a un ocio normalizado-adaptado

As saídas culturais nas que participan os usuarios de AFACO permite aos pacientes de alzhéimer ter acceso a un ocio normalizado-adaptado

Usuarios da Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer da Coruña visitan a Panadería Carnoedo de Fonteculler para coñecer de primeira man como se leva a cabo o proceso de elaboración e enfornado do pan.

YoTeCuido, a app para coidadores e afectados de alzhéimer

YoTeCuido, a app para coidadores e afectados de alzhéimer

AFACO, en colaboración coa empresa Lapisoft, lanza unha aplicación de descarga gratuíta, que ofrece respostas sinxelas aos problemas aos que deben facer fronte a diario coidadores e familiares de persoas con alzhéimer ou outro tipo de demencia. Tamén está pensada para persoas que sofren a enfermidade nunha fase inicial.

Os obradoiros de teatro, dirixidos a coidadores familiares, axudan a superar as situacións de estrés cotián

Os obradoiros de teatro, dirixidos a coidadores familiares, axudan a superar as situacións de estrés cotián

Os coidadores de persoas con demencia non poden descoidarse. Os riscos que entraña para a saúde a denominada síndrome do coidador poden derivar nun problema grave, que terá consecuencias na saúde física emocional e mental.

«Loitar contra o Alzheimer non é só atender ao paciente, tamén é diagnosticar a enfermidade a tempo»

«Loitar contra o Alzheimer non é só atender ao paciente, tamén é diagnosticar a enfermidade a tempo»

AFACO presenta o manual 'Todo o que os coidadores familiares deben saber sobre as demencias', que recopila as preguntas máis frecuentes que se plantean as familias e ás que dan resposta prestixiosos especialistas no ámbito das demencias.

Queredes ofrecer un detalle distinto aos vosos convidados?

Queredes ofrecer un detalle distinto aos vosos convidados?

Casades nuns meses e non sabedes que detalle regalar aos asistentes, ou tal vez si e queredes facer que a vosa voda sexa solidaria? Temos unha proposta (personalizada) para todos aqueles que teñen previsto celebrar un evento importante nos próximos meses.

Centros adaptados ás necesidades

Centros adaptados ás necesidades

AFACO conta con tres sedes na cidade da Coruña que ofrece atención personalizada e complementaria, axeitada á atención que precisan os seus usuarios. Con carácter previo á incorporación da persoa con demencia a calquera dos nosos centros, realízase unha valoración cognitiva. Deste xeito, compróbase se o programa ao que desexa asistir é idóneo.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar