AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

'No Alzheimer, ti es unha peza importante'

A Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias afíns da Coruña (AFACO) comezou  o pasado 7 de setembro a campaña con motivo do Día Mundial do Alzheimer, que se conmemora o vindeiro luns 21.

O lema escollido este ano por FAGAL, a federación galega de Alzheimer, á que pertence AFACO, é No Alzheimer, ti es unha peza importante. Este lema xurde da necesidade de buscar o compromiso da sociedade, facéndolle ver a problemática que supón a enfermidade e tratando de incidir na importancia que ten a súa participación para que, entre todos, poidamos conseguir que o Alzheimer sexa considerado unha prioridade de saúde pública por parte das administracións.

Ademais, e como xesto simbólico e exemplificador do lema deste 2015, invítase aos cidadáns a fotografarse cunha peza de crebacabezas e a compartila nas redes sociais.

Os diferentes actos que AFACO ten inicialmente previstos durante este mes son:

 

Semana do 7 ao 13

Os autobuses urbanos da cidade da Coruña exhiben durante ese periodo os carteis conmemorativos con motivo do Día Mundial do Alzheimer.

 

Xoves 17

Presentación do manual «AFACO Responde. Todo lo que los cuidadores familiares

necesitan saber sobre las demencias».

Fundación ONCE (Cantón Grande, 3. A Coruña). 19:00. Entrada libre.

 

Domingo 20

Misa polas persoas aqueixadas de demencia falecidas e polas súas familias.

Igrexa de San Pablo (Plaza Recife. A Coruña). 12:30.

 

Luns 21

Instalación de mesas informativas nos seguintes puntos da Coruña, Santa Cruz e Betanzos. A partir das 10:30.

  • Hotel Hesperia (rúa Juan Florez)
  • Praza de Lugo
  • Oficiña principal ABANCA  (Rúa Nova)
  • Rúa Real (Fronte ao teatro Rosalía de Castro)
  • Mercado Municipal de Elviña.
  • Cantóns (Fundación Barrié)
  • Hotel Trip (Cuatro Caminos)
  • Rúa Barcelona (fronte ao Mercado das Conchiñas)
  • Rúa da Torre (na confluencia co Campo de Marte)
  • Betanzos, na Praza García Hermanos
  • Santa Cruz

 

 

Galería (pulse para ampliar)

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar