AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Obxectivos

Obxectivo xeral

  • Ofrecer atención integral durante o día ás persoas afectadas por unha demencia, que presentan determinado nivel de dependencia física, psíquica e/ou social, favorecendo así a súa permanencia no ámbito sociofamiliar mediante unha intervención idónea para o seu mantemento e, no seu caso, melloría funcional e social. Isto permitirá unhas mellores condicións de vida para o ámbito, unha diminución das cargas para os familiares e unha diminución dos custos para o sistema público de saúde.
  • Proporcionar atención psicosocial e asistencial a familiares e coidadores: información xeral, intervención psicolóxica individual e grupal, asesoramento sobre recursos sociais, orientación sobre cuestións legais, asesoramento sobre adaptación do domicilio e produtos de apoio, activdiades psicoeducativas...

Obxectivos específicos

Para o usuario

  • Manter e/ou recuperar o maior grao de autonomía posíbel e previr o incremento da dependencia mediante intervencións terapéuticas.
  • Proporcionar coidados básicos de saúde.
  • Ofrecer un marco adecuado onde a participación en actividades e servizos dos Centros consiga diminuír a pasividade, o illamento e aumento do seu grao de socialización.

Para a familia

  • Proporciona un tempo de respiro diario nas súas funcións ao coidador principal.
  • Ofrecer apoio social e asistencial necesario para continuar coa atención do seu familiar con demencia.
  • Facilitar unha intervención psicolóxica, tanto individual coma grupal, sobre o estrés e os conflitos ocasionados polo coidado permanente da persoa con demencia
  • Proporcionar información xeral en distintos aspectos relacionados coa atención ao enfermo.
  • Prestar formación e asesoramento en cuestións xurídicolegais, recursos sociais e coidado.

Para as institucións

  • Reducir o número de ingresos a nivel institucional tanto durante a estancia nos Centros como unha vez o enfermo é dado de baixa neste.
  • Potenciar e optimizar a Rede Comunitaria de Servizos sociosanitarios.
  • Nivel de actuación a nivel local: achegamento dos servizos sociais especializados ás persoas maiores.
  • Ser un medio para a participación comunitaria a través das prácticas de estudantes de disciplinas relacionadas coa actividade que nos ocupa.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar