AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Os obradoiros de teatro, dirixidos a coidadores familiares, axudan a superar as situacións de estrés cotián

Os coidadores de persoas con demencia non poden descoidarse. Os riscos que entraña para a saúde o denominado síndrome do coidador poden derivar nun problema grave, que terá consecuencias na saúde física emocional e mental. Por iso é moi importante participar en programas de apoio dirixidos a coidadores familiares, como o denominado Música, Saúde e Movimento de AFACO, un obradoiro de teatro dirixido a «convertir o xogo dramático en terapia», explica Keke Díez, o seu director.

«Divertímonos, soltámonos e aprendemos a comunicar, a expresarnos e a facernos entender con todo o noso corpo, desenvolvendo a capacidade xestual e a expresión corporal». Para iso, os participantes, convírtense en «personaxes», en aquelo que «non puideron ou non quixeron ser», e representan as «vivencias cotiás, o que axuda a trivializar os problemas que lles abafan, facendo máis liviana a carga».

Explica Keke ademais que o feito de que un cuidador «teatralice» as súas vivencias «axuda e empurra a analizar o seu comportamento», o que lle permite plantearse como actúa no seu día a día e que lle pode axudar a «representar ese papel que lle gustaría incluso nun momento de estrés».

Os obradoiros de teatro para coidadores impártense os venres, entre as 17:30 e as 19:00 horas, e supoñen unha «paréntese» dirixida a «compartir sorrisos, tristezas, que axudan a deixar atrás a carga de toda unha semana de actividade».

Os coidadores participantes nestes obradoiros definen estas sesións como un día de «moitos sorrisos», que permiten coller forzas «para salir adiante». Porque como señala Mita Beutel, musicoterapeuta, «unha das cousas que axuda a disminuír o estrés ao que se enfrontan os coidadores familiares é atopar un grupo que lle axude a convivir mellor co duro momento polo que atravesan».

 

Dónde: Centro terapéutico de San Diego de AFACO 

Lugar: Venres, de 17:30 a 19:00

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar