AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Que é un centro de día para paciente con alzhéimer?

Distínguense dous tipos de institucións ambulatorias na atención a pacientes con demencia:

(1) O hospital de día: é unha dependencia especializada que xenera o propio hospital e que está pensado como unha unidades diagnóstica e terapéutica para a atención dos pacientes con trastornos cognitivos e demencia. Nel realízase unha valoración exhaustiva da persoa que padece unha demencia, tanto para estabelecer un diagnóstico, como para levar a cabo controis de seguimento e aplicar todo tipo de recomendacións terapéuticas. O paciente recibe unha atención pluridisciplinar, tanto médica e de enfermaría, como de recuperación funcional a cargo de psicoterapeutas. O paciente acode de forma periódica, previa cita e a asistencia inclúe consultas e terapias ambulatorias. En determinados casos, o paciente participa en ensaios clínicos. 

(2) O centro de día: é o establecemento extrahospitalario destinado ao coidado e atención global das persoas con demencia en xornada diúrna. A súa presenza fíxose cada vez máis frecuente no noso país. Estes centros non son garderías de pacientes, senón lugares con obxectivo social e terapéutico. Cumpren os seguintes fins:

a. Conservar durante o maior tempo posible a situación funcional dos pacientes.

b. Frear a evolución desfavorable do deterioro cognitivo a través da estimulación cognitiva, o exercicio físico e a socialización.

c. Servir de apoio emocional ao paciente a través das actividades programadas, a compañía e o entretemento.

d. Restablecer os ciclos naturais, convertendo a xornada diúrna nunha serie de actividades que faciliten na súa casa o repouso tranquilo e o soño nocturno.

e. Manter ao paciente no seu domicilio todo o tempo posible, evitando ou atrasando a súa institucionalización permanente nunha residencia xeriátrica.

f. Descargar á familia e especialmente ao coidador principal da atención do paciente durante unha parte importante do día, facilitando que o coidador poida descansar, facer outras tarefas ou ter tempo libre.

Os programas dos centros de día están a cargo de persoal formada en coidados xerontolóxicos e terapias de demencia. 

 

Máis información en www.elalzheimer.com

Coñeza o centro de día do Barrio das Flores de AFACO a través dos seus programas e en imaxes

Pódese consultar nesta ligazón todos os programas, para pacientes e familiares, de que dispón AFACO. 

Galería (pulse para ampliar)

Anterior Xullo 2017 Siguiente
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar