AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Quen somos

A Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias afíns da Coruña –AFACO– constitúese o 7 de decembro de 1995. A Asociación nace como unha entidade sen ánimo de lucro e personalidade xurídica propia, declarada de Utilidade Pública o 14 de xuño de 2005. Os centros de AFACO (centro de día e centro terapéutico) de atención ás persoas afectadas contan co Certificado de Calidade ISO 9001:2008, dende xullo de 2012.

A Asociación está inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia (RUEPSS) co número: S-933.

AFACO é unha entidade declarada de utilidade pública polo Ministerio do Interior que somete as súas contas, con carácter anual, a unha auditoría externa.

AFACO pertence a FAGAL, a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer, que a súa vez forma parte da Confederación Española de Asociacións de Persoas con Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias, CEAFA.

Os nosos centros dispoñen de autorización sanitaria e están inscritos no Rexistro de centros, servizos e establecementos sanitarios (REXCE) co número C-15-003066. A oferta asistencial que ofrecemos actualmente é: enfermaría, fisioterapia, terapia ocupacional, logopedia e psicoloxía sanitaria.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar