AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

As saídas culturais nas que participan os usuarios de AFACO permite aos pacientes de alzhéimer ter acceso a un ocio normalizado-adaptado

Senllos grupos de usuarios que asisten ao noso centro de día de Petunias e ao noso centro terapéutico de San Diego tiveron ocasión de visitar, o pasado día 3 de febreiro de 2016, a Panadería Carnoedo de Fonteculler. Nesta ocasión, os participantes puideron coñecer de primeira man os pasos que se seguen para a elaboración do pan, ademais de formar parte activa do proceso, xa que realizaron labores de amasado e déronlle forma á masa até que chegou o momento de enfornala, para a súa posterior degustación.

Esta visita encádrase no ciclo de actividades socioculturais que periodicamente organiza a Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer da Coruña —que inclúe a asistencia a Museos, exposicións etc.— e que ten como finalidade facilitar o acceso das persoas con demencia ao lecer normalizado-adaptado. As devanditas saídas permiten que os seus participantes contacten con outras realidades e fomentan a apertura das entidades, públicas e privadas, ao colectiva de persoas que padecen alzhéimer.

Galería (pulse para ampliar)

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar