AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Xa se pode solicitar en Galicia a tarxeta que acredita o grao de discapacidade

Co fin de que as persoas con algún tipo de discapacidade legalmente recoñecida poidan identificarse de forma sinxela, e así ter acceso a determinados servizos aos que teñen dereito, comeza a expedirse en Galicia a chamada «tarxeta acreditativa de grao de discapacidade».

Poderán ser titulares desta tarxeta as persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre que o seu expediente estea en poder da Administración autonómica. O devandito documento, persoal e intransferíbel, equivale á resolución que recoñece dito grao de discapacidade, con validez en toda España e ten como finalidade facilitar a acreditación, xa que é dun tamaño máis manexable. 

A tarxeta acreditativa expedirase de oficio a aquelas personas cuxa resolución de recoñecemento ou revisión de grao de discapacidade se produza despois do 5 de agosto. Ademais, expedirase por petición expresa, a partir do 1 de setembro de 2016, ás persoas que:

- Teñan recoñecido un grao de recoñecemento, definitivo ou provisional, igual ou superior ao 33%.

- No caso de perda o subtracción.

Pódese solicitar a tarxeta por vía electrónica ou no rexistro dos concellos no que residan os solicitantes. Para iso, deberase aportar unha fotocopia compulsada do DNI (e do representante legal, de ser o caso), un certificado de empadroamento, o impreso de solicitude debidamente completado e fotocopia compulsada do recoñecemento de grao de discapacidade expedido pola Xunta. No caso de perda ou roubo, tamén se incluirá unha copia da denuncia presentada.  

No DOG do 4 de agosto de 2016, pode consultarse na súa integridade a Orden.

 

 

 

 

 

Galería (pulse para ampliar)

Anterior Xullo 2017 Siguiente
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar