Activa-T

Activa-T
O programa Activa-T impártese no noso centro terapéutico de San Diego e está dirixido a persoas con deterioro cognitivo leve.

Desde - Hasta: 01/01/2010 - Actualmente

O programa Activa-T, con tres grupos, xurde para cubrir o vacío asistencial detectado á hora de tratar a usuarios que se atopan nun estadio demasiado incipiente da enfermidade como para incorporarse satisfactoriamente a un centro de día ou a un centro terapéutico pero nun estadio moi avanzado como para seguir o ritmo habitual dos obradoiros de memoria dirixidos a persoas cun envellecemento san.

A intervención do programa Activa-T fundaméntase nos numerosos estudos que mostran que manter unha vida social e intelectual activa, retrasa a aparición dos síntomas da enfermidade de Alzheimer en suxeitos con deterioro cognitivo leve, á vez que enlentece a evolución desta patoloxía en persoas xa diagnosticadas, sobre todo nas fases iniciais.

A diferenza dos obradoiros de memoria tradicionais, realízase unha intervención global que non só se dirixe á área cognitiva, senón tamén ás funcións física, de actividades da vida diaria e afectiva dado que a alteración de calquera destas empeora notablemente a calidade de vida do usuario e, por tanto, a da súa familia. Este programa desenvólvese en diferentes horario de luns a  venres de 11:00 a 12:30 horas ou de 12:30 a 14:00 horas..

Para máis información: 

 

https://afaco.es/centro_terapeutico_san_diego.html

981 20 58 58 YoTeCuido YoTeCuido App móvil para cuidadores y afectados de Alzheimer