Camiño pola Memoria

Camiño pola Memoria
Camiño pola Memoria é un programa interxeracional que, mediante actividades relacionadas co Camiño de Santiago, pon en contacto a usuarios de AFACO con nenos de 0 a 3 anos.

Desde - Hasta: 01/10/2016 - 01/07/2018

Camiño pola Memoria é un proxecto interxeracional que pon en contacto a dous grupos de idade moi diferentes: maiores con Alzheimer ou outras demencias que son usuarios de AFACO e nenos de 0 a 3 anos da Escola Infantil Municipal de Los Rosales. A través de diversas actividades que teñen como fío conductor o Camiño de Santiago, maiores e pequenos esteblecen vínculos afectivos que resultan moi enriquecedores e gratificantes para ambos.

Unha das principais vantaxes deste tipo de proxectos no que grupos de idades diferentes comparten unha experiencia común é a de facilitar unha comunicación cercana, pois os lazos refórzanse a medida que avanza o programa e complétanse as diferentes actividades que o compoñen. Os maiores, ó establecer vínculos con nenos de tan curta idade, síntense partícipes na sociedade, útiles e contaxianse da ledicia que lles transmiten uns cativos que, a diferenza do que ocorre moitas veces coas persoas adultas, non os tratan de forma diferente polo feito de ter Alzheimer ou demencia. Por outra parte, os alumnos da escola infantil gañan uns avós adoptivos xunto ós que desenvolver as súas habilidades sociais e comunicativas.

O Camiño de Santiago é o lazo simbólico elixido para este proxecto interxeracional. Nenos e maiores únense nun peregrinar que durará dous anos e durante o que vivirán a experiencia de percorrer virtualmente 30 etapas do Camiño Francés (dende Roncesvalles a Santiago) e farano ó tempo que peregrinos reais camiñan de albergue en albergue. Estes camiñantes portarán durante a súa ruta, a Peregrillo, unha mascota creada para conectar o real co virtual e que simboliza a esperanza e a ilusión dos maiores e pequenos ós que representa.

Cada vez que o noso grilo peregrino percorre un tramo, sempre acompañado dos peregrinos colaboradores, nenos e maiores desfrutan dun percorrido paralelo, coñecendo a literatura, poñéndose traxes rexionais, achegándose a persoaxes relevantes, degustando manxares gastronómicos, contemprando proxeccións de monumentos e paisaxes, escoitando música folclórica e participando en diversos xogos.

981 20 58 58 YoTeCuido YoTeCuido App móvil para cuidadores y afectados de Alzheimer