Cóntoche un conto avó

Cóntoche un conto avó
Programa interxeracional que vincula a usuarios de AFACO con alumnos dun colexio mediante actividades de contacontos nas que os nenos son os narradores ou actores das historias.

Desde - Hasta: 01/01/2013 - 01/01/2018

Cóntoche un conto avó é un programa interxeracional que vincula a persoas con Alzheimer ou outras demencias con alumnos dun colexio. Na última edición deste programa foron alumnos do colexio Salgado Torres os que, periódicamente, visitaron a usuarios de AFACO para, mediante narracións e representacións teatrais, contarlles historias.

Ademais de propiciar o  intercambio de experiencias entre maiores e pequenos e facer que os nosos usuarios se sintan queridos polos máis novos, algo común a este tipo de programas interxeracionais, as actividades de Cóntoche un conto avó estimulan a memoria e a imaxinación.

981 20 58 58 YoTeCuido YoTeCuido App móvil para cuidadores y afectados de Alzheimer