Saídas culturais

Saídas culturais
Os usuarios dos centros AFACO realizan tódolos meses saídas a museos e a outros espazos da cidade e da súa área metropolitana.

Desde - Hasta: 01/09/2013 - Actualmente

A colaboración entre AFACO e diversos museos e entidades da cidade posibilita que, tódolos meses, os usuarios dos nosos centros realicen saídas culturais, algo que lles permite romper coa súa rutina e estimular as súas capacidades cognitivas.

Son varios os acordos de cooperación que AFACO subscribiu para facer posible a realización deste programa. Entre eles cabe destacar:

  • Colaboración co Museo de Belas Artes: Visitas que xiran arredor de temáticas concretas que se preparan con antelación, coincidindo con algunha das exposicións que se poden contemplar na pinacoteca. O obxectivo destas visitas é estimular os sentidos empregando como ferramenta, fundamentalmente, a pintura.
  • Colaboración co Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa: As visitas a este museo están pensadas para estimular a memoria e as habilidades cognitivas dos participantes. Recúrrese ó arte como instrumento rehabilitador e de adestramento para mellorar as capacidades cognitivas dos asistentes. Ó rematar o percorrido polas instalacións do museo, os nosos usuarios adoitan realizar obradoiros prácticos para poñer en marcha a súa creatividade.
  • Colaboración co Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT): Ca fin de achegar a ciencia e a innovación tecnolóxica a persoas con Alzheimer ou outras demencias.

A estes acordos de colaboración que propician visitas regulares hai que sumar outras saídas puntuais que permitiron que os nosos usuarios visitaran espazos como a Domus, a planta embotelladora de Coca-Cola e os hortos urbanos de Feáns. Como ocorre no caso dos museos antes mencionados, estas visitas incluiron actividades para estimular as capacidades cognitivas, a memoria e a creatividade.

Dentro do programa de saídas culturais cabe destacar tamén os paseos saudables cos que os nosos usuarios gozan ó aire libre e exercitan a súa movilidade percorrendo diferentes espazos da cidade.

981 20 58 58 YoTeCuido YoTeCuido App móvil para cuidadores y afectados de Alzheimer