AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Aberto o prazo de inscrición para o curso "Xuntos nos coidados"

  • O centro cívico dos Mallos acollerá este mes un curso que, baixo o título "Xuntos nos coidados" e organizado pola Federación Alzheimer Galicia (FAGAL) e a Consellería de Política Social formará ós participantes no coidado de persoas con Alzheimer ou algún outro tipo de demencia.

A sintomatoloxía básica das demencias, as alteracións condutuais, as terapias non farmacolóxicas, os aspectos legais e a atención os coidadores son os principais temas que abordará o curso "Xuntos nos coidados", que organizan a Federación Alzheimer Galicia (FAGAL) e a Consellería de Política Social e que se celebrará no centro cívico de Os Mallos os vindeiros días 13, 14 e 15 de novembro.

O curso terá unha duración total de oito horas: de 10.00 a 13.00, o luns 13 e o martes 14; e de 10.00 a 12.00, o mércores 15. As sesións combinarán teoría e práctica, pois incluirán explicacións e a realización de sinxelos exercicios.

Os interesados en participar poden poñerse en contacto con AFACO a través dos números de teléfono 981 20 58 58 (extensión 3001) e 604 003 138. A inscrición e gratuita e o número de prazas é de 25.

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar