AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Aberto o prazo de inscrición para o IV Plan de Formación Continua en Demencias

AFACO pon en marcha unha nova edición do seu plan de formación continua en demencias, dirixido a coidadores familiares e a profesionais interesados en actualizar os seus coñecementos na materia.

Ao longo das oito sesións das que consta esta IV edición, abordaranse diferentes aspectos da enfermidade dende o punto de vista médico e xurídico. Tamén se impartirán dous obradoiros prácticos de fisioterapia.

As sesións semanais, que se celebrarán en horario de 16:30 a 19:00, teñen unha duración de 150 minutos cada unha, até completar as 20 horas lectivas que conforman o plan.

A asistencia é gratuíta para as persoas socias da entidade, así como para os voluntarios de AFACO, e ten un custo único de 52 euros para os non socios.

Este plan de formación continua recibiu o recoñecemento de interese sanitario pola Consellería de Sanidade. AFACO ten solicitada a acreditación da Comisión de Formación Continuada.

O plan de formación impartirase na Escola de Negocios de AFundación (Ronda de Nelle, 31), da Coruña, agás os obradoiros de fisioterapia, que terán lugar no salón de actos do Centro Cívico Municipal de San Diego.

 

Máis información e inscricións:

981 20 58 58 (extensión 1001)

contacto@afaco.es

 

 

PROGRAMA:

15 de febreiro (16:30-19:00)

Mesa redonda: «O papel das asociacións na enfermidade de Alzheimer: cara á atención integral»

Modera:

Mª Carmen Martínez Pulleiro. Presidenta de AFACO

Participan:

Nerea Rey Fidalgo. Logopeda

Juan Bonome Rodal. Psicólogo

Olalla Ventura López. Enfermeira e terapeuta ocupacional

Patricia Gómez Lamas. Traballadora social

 

22 de febreiro (16:30-19:00)

«O médico de atención primaria ante a persoa con demencia»

Manuel Barral. Médico de atención primaria

 

29 de febreiro (16:30-19:00)

«Os servizos de saúde de atención primaria nas demencias»

Ana Carvajal de la Torre. Médico de atención primaria

 

7 de marzo (16:30-19:00)

«O mediador familiar na resolución de conflitos nas demencias»

Elsa Rodríguez Viña. Psicóloga e mediadora familiar

 

14 de marzo (16:30-19:00)

«A enfermidade de Alzheimer desde a perspectiva notarial»

José Guillermo Rodicio. Notario

 

28 de marzo (16:30-19:00)

«O dilema da comunicación do diagnóstico nas demencias»

Fernando Márquez. Psiquiatra

 

6 de abril* (16:30-19:00)

Obradoiro de fisioterapia

Rodrigo Rubial. Fisioterapeuta

 

13 de abril* (16:30-19:00)

Obradoiro de fisioterapia

Rodrigo Rubial. Fisioterapeuta

 

* Os obradoiros de fisioterapia impartiranse no salón de actos do Centro Cívico Municipal de San Diego

 

Descargar o tríptico do IV Plan de Formación en Demencias.

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar