AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Aberto o prazo de inscrición para o V Plan de Formación

  • Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no "V Plan de formación continua en demencias" organizado por AFACO e dirixido a coidadores familiares. Aqueles que desexen asistir ás charlas, que comezarán o 9 de febreiro, poderán facelo de forma gratuita, se son socios de AFACO, ou pagando un prezo único de 52 euros, se non o son.

A eficacia das terapias non farmacolóxicas, as estratexias de comunicación entre coidadores e persoas con Alzheimer, o manexo de alteracións de conduta ou a alimentación son algunhas das cuestións presentes no programa do "V Plan de formación continua en demencias" de AFACO, que comezará o vindeiro 9 de febreiro na Biblioteca Pública Miguel González Garcés e para o que xa está aberto o prazo de inscrición.
Dirixido a coidadores familiares, o plan consta dun total de oito sesións, de dúas horas cada unha, nas que especialistas de diversos campos aportarán os seus coñecementes e opinións acerca do Alzheimer e das demencias afíns. Dende diferentes perspectivas, os expertos proporcionarán ós coidadores ferramentas e coñecementos útiles á hora de afrontar a atención ás persoas que dependen deles.
A asistencia ás charlas e ponencias será gratuita para os socios de AFACO e, para aqueles que non o sexan, terá un prezo único de 52 euros. Os interesados en inscribirse deben chamar ó número de teléfono de AFACO (981 20 58 58).
A primeira das charlas, o vindeiro 9 de febreiro, terá como tema a eficacia das terapias non farmacolóxicas e contará como ponentes coa psicóloga e directora técnica de AFACO, Elena Viqueira, e co responsable do programa de AFACO Música e Saúde, Igor Clemente. Tódalas charlas celebraranse na Biblioteca Pública Miguel González Garcés.

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar