30 años cuidando

Afaco cumpre 30 anos

Entre as celebracións dos próximos meses, en novembro celebraráse un congreso centrado no alzhéimer con expertos de ámbito nacional

 

O 7 de decembro de 1995 nacía na Coruña a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (AFACO), para tratar de avanzar no estudo e tratamento desta enfermidade, atender ás persoas que a padecen e prestar apoio e asistencia aos familiares e coidadores.

 

Este ano, cumprimos nada menos que 30 en funcionamento, e para festexalo levaremos a cabo diferentes iniciativas nos próximos meses.

 

Para empezar, iniciamos o ano cun espazo web renovado, con contidos actualizados, e co logo conmemorativo desta celebración.

 

E de cara ao peche do ano, cando se aproxime a data do inicio da actividade, celebraremos un congreso cheo de expertos en materia de alzhéimer que versará sobre todos os aspectos da enfermidade.

 

E o caso do diagnóstico, tratamento, terapias non farmacolóxicas, boas prácticas, prevención e hábitos saudables, ou un recorrido máis profundo pola base xenética desta enfermidade da man dun referente nestos estudos.

 

Tampouco faltarán testemuños, concursos, homenaxes, e outros festexos previstos.

 

Seguiremos a actualizar a información sobre estos festexos en próximas datas.

 

Para máis detalles, ou se queres colaborar con AFACO na organización deste aniversario, podes contactar connosco no teléfono 981 20 58 58 ou escribirnos a contacto@afaco.es