AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

AFACO amplía a súa oferta de programas de estimulación

O diagnóstico precoz da enfermidade de Alzheimer é determinante e así aválano diferentes investigacións, que puxeron de manifesto que obter un diagnóstico anticipado e iniciar o tratamento en etapas temperás pode axudar a manter a autonomía da persoa afectada durante meses ou mesmo anos.

A maior concienciación neste sentido por parte das familias, unido ao envellecemento progresivo da poboación -máis proclive a padecer algún tipo de demencia- levou a AFACO a adaptarse á demanda e a ampliar a súa oferta de actividades. Por esa razón, dende xaneiro, a Asociación ten en marcha un novo programa de estimulación dirixido especificamente a persoas afectadas dunha demencia en estadio leve ou moderado.

Este programa persegue activar as capacidades remanentes -físicas e psíquicas- das persoas para atrasar, ao máximo, o avance da patoloxía neurodexenerativa. Nestes momentos, este grupo, integrado por nove persoas, recibe estimulación profesional personalizada durante catro horas, todos os días, en horario de 16:00 a 20:00.

Para iso, inicialmente recórrese á aplicación da coñecida como terapia de orientación á realidade, con recursos como a lectura comentada do xornal do día, o que facilita a toma de conciencia espazo temporal da propia persoa e axuda á mellor comprensión do mundo que o rodea. Tamén se traballa con axuda da música, que permite que as persoas con Alzheimer activen os seus recordos de momentos significativos na súa vida, ao sacar á luz as afectividades.

Noutro momento da sesión diaria, trabállase a estimulación cognitiva mediante a realización de exercicios relacionados coas habilidades sociais, a atención, a memoria, o cálculo. Ademais, como calquera momento é bo para favorecer a estimulación o descanso de media tarde, concibido para tomar a merenda -hidratarse e repoñer enerxías-, é unha ocasión idónea para que os participantes nestas sesións de estimulación se relacionen entre si e intercambien opinións e puntos de vista.

Estas xornadas de traballo diario inclúen tamén exercicios de mobilidade global e psicomotricidade, imprescindibles para manter a autonomía da persoa con Alzheimer.

 

PROGRAMA VESPERTINO DE ESTIMULACIÓN:

Cando: de luns a venres, en horario de 16:00 a 20:00

Onde: AFACO San Diego Máis información: 981 20 58 58

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar