Afaco cumpre 30 anos
O 7 de decembro de 1995 nacía na Coruña a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (AFACO), para tratar de avanzar no estudo e tratamento desta enfermidade, atender ás persoas que a padecen e prestar apoio e asistencia aos familiares e coidadores.
Este ano, cumprimos nada menos que 30 en funcionamento, e para festexalo levaremos a cabo diferentes iniciativas nos próximos meses. Para empezar, iniciamos o ano cun espazo web renovado, con contidos actualizados, e co logo conmemorativo desta celebración.
E de cara ao peche do ano, cando se aproxime a data do inicio da actividade, celebraremos un congreso cheo de expertos en materia de alzhéimer que versará sobre todos os aspectos da enfermidade.
E o caso do diagnóstico, tratamento, terapias non farmacolóxicas, boas prácticas, prevención e hábitos saudables, ou un recorrido máis profundo pola base xenética desta enfermidade da man dun referente nestos estudos.
Tampouco faltarán testemuños, concursos, homenaxes, e outros festexos previstos.
Programa
Descarga o programa completo
30 años de memoria e esperanza: avances e desafíos no alzhéimer
27 e 28 de novembro do 2025
Rectorado UDC Paraninfo Rúa da Maestranza número 9
Comité de honra
Sr D. Alfonso Rueda –Presidente da Xunta de Galicia
Sr. D. Valentín González Formoso. Presidente da Deputación de A Coruña
Sra. Dña. Inés Rey. Alcaldesa de A Coruña
Sr. D. Ricardo Cao. Reitor da UDC
Sr D. Antonio López. Reitor da USC
Sr. D. Manuel Joaquín Reigosa Roger. Reitor da UVI
Sra. Dña María del Carmen Martínez. Presidenta de honra de AFACO
Comité científico:
Dra. Celia Pérez Sousa – Neuróloga CHUAC.
Dña. Ana Isabel Ares Pernas – Vicerreitora da Universidade de A Coruña
Dña. Adriana Ávila- Decana da Facultade de CC da Salud.
D. Sergio Santos – Director UDC Saudable
Dña. Luz Campello – Xefa de Servicio de Trabajo Social Sanitario da Área Sanitaria da Coruña – Cee
Dña. Pilar García De la Torre (Doctora en Psicoloxía, Profesora UDC, e ex Directora Universidad Senior e ex Vicerrectora de Relacións Internacionais da UDC)
Dña Concepción Silvestre Antúnez . Presidenta de AFACO
Dña. Elisa Catoira. Directora de Estructura de AFACO.
Dña. Elena Viqueira. Directora Técnica de AFACO.
Comité organizador:
Dña. Concepción Silvestre Antúnez. Presidenta de AFACO
Dña. Elisa Catoira Sánchez. Directora de estructura de AFACO.
Dña Elena Viqueira Rodríguez. Directora técnica de AFACO
Presentadora do congreso:
Dña Isabel Bravo. Xornalista
Xoves 27 de novembro
08:00 a 08:30 Acreditación e rexistro.
08:30 – 10:00 Mesa Redonda 1. Diagnóstico e primeiras intervencións
Modera: Dra. Celia Pérez Sousa. Presidenta do Comité Científico. Neuróloga CHUAC.
Dra. Marta Saavedra Piñeiro. Neuróloga CHUVI.
Dr. Alberto Freire Pérez. Médico de Atención Primaria. Responsable da área de Neuroloxía da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia.
Dr. Javier Sardiña Agra. Psicólogo Clínico CHUAC. Facultativo especialista en Psicoloxía Clínica. Vocal da división de psicoloxía clínica e da saúde –Consejo Xeral de Psicoloxía.
Dra. Mª Jesús Lago Vilaboa. Responsable do servicio de traballo social área sanitaria de Vigo.
10:00 – 10:30 Acto Inaugural
10:30 – 11:00 Pausa café.
11:00 – 11:30 Mellora da adherencia ao tratamento farmacolóxico do paciente con Alzheimer: Sistemas Personalizados de Dosificación en Farmacia Comunitaria. Luis Brizuela . Licenciado en Farmacia
11:30 – 12:30 Comunicacións orais
Modera: Dr. Iván De Rosende Celeiro. Decano da Facultade de Ciencias da Saúde da UDC. Profesor Titular UDC. Doutor en Ciencias da Saúde.
Teses Doutorais.
Traballos de Fin de Grado.
Traballos de Fin de Máster.
12:30 – 14:00 Mesa Redonda 2. Avances nos Tratamentos Farmacolóxicos
Modera: Dra. Marta Saavedra Piñeiro. Neuróloga CHUVI.
Dr. Carlos Spuch Calvar. Neurobiólogo. Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. Universidade de Vigo.
Dra. Raquel Sánchez del Valle. Neuróloga. Hospital Clínico de Barcelona.
14:00 – 15:30 Xantar
15:30 – 16:30 Mesa Redonda 3. Programas preventivos – Terapias non farmacolóxicas
Modera: Dña. Pilar García de la Torre. Membro do Comité Científico. Doutora en Psicoloxía. Especialista en Psicoloxía Clínica. Profesora titular da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.
Dr. Juan L García Fernández. Neuropsicólogo clínico. FAFAC (Federación de Asociacións de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Cataluña)
Dr. Javier Pereira Loureiro. Subdirector CITIC. UDC. Programas Preventivos. Intelixencia Artificial.
16:30 – 17:00 Pausa café
17:00 – 18:00 Mesa Redonda 4. Boas prácticas na atención á persona con demencia
Modera: Dña. Luz Campello García. Xefa de servicio de Traballo Social Sanitario. Área Sanitaria da Coruña- Cee. Servizo Galego de Saúde.
Dña. Natalia Ferrer Hernández. Dirección de persoa e familia Fundación Alzheimer Cataluña.
Dña. Inocencia García Rama. Persoa afectada pola Enfermidade de Alzheimer.
D. Ramón García Rojo. Familiar dunha Persoa afectada pola Enfermidade de Alzheimer.
Dña. Raquel Martínez Buján. Profesora Titular no Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña.
18:00 – 19:30 Conferencia 1. Hábitos Preventivos e Saudables.
Dr. José María González de Echávarri .Responsable Clínico Asistencial: Fundación Pasqual Maragall, Neurólogo en Grupo CREU BLANCA.
Venres 28 de novembro
09:00 – 11:00 Mesa Redonda 5. Modelos de atención. Soedade non desexada
Modera: Dra. Adriana Ávila Álvarez. Vicedecana da Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña.
Dr. Javier Yanguas Lezaun. Xerontólogo e Dr. en Psicoloxía pola Universidade Autónoma de Madrid. Director Científico do Programa de Maiores en Fundación La Caixa.
Dña. Matilde Fernández Fernández . Presidenta do Observatorio Estatal da Soedade non Desexada. Licenciada en Filosofía e Letras (especialidade en Psicoloxía) pola Universidade Complutense de Madrid. Psicóloga industrial e Consultora.
Eloína Núñez Masid. Subdirectora Xeneral de Envellecemento Activo e Innovación Sociosanitaria. Consellería de Política Social e Igualdade.
11:00 – 11:30 Pausa café
11:30 – 12:00 Entrega Premios Concurso Relatos (Primaria) e Fotografía (Secundaria)
12:00 – 13:30 Charla Maxistral. “Base Xenética de las Demencias”
Dr. Ángel Carracedo Álvarez. Catedrático de Medicina Legal, investigador e experto internacional en xenética. É membro da Real Academia Gallega de Ciencias. Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.
13:30 – 14:30 EVENTO FINAL “30 Años de AFACO», homenaxe á xunta directiva de AFACO.
Clausura a cargo de paciente, familiar e autoridades.
15:00 Xantar.
Para máis detalles, ou se queres colaborar con AFACO na organización deste aniversario, podes contactar connosco no teléfono 981 20 58 58 ou escribirnos a contacto@afaco.es
NORMATIVA PARA AS COMUNICACIÓNS ORAIS
Deberá tratarse de Teses Doutorais, Traballos de Fin de Máster ou Traballos de Fin de Grao inéditos, non presentados noutros Congresos.
Poderán presentarse:
Estudos de análises bibliográficas / Revisións bibliográficas.
Proxectos de Investigación.
Traballos de Investigación.
Os resumos deberán ser escritos de maneira clara e concreta, non excedendo de 300 palabras.
- Deberán presentarse en formato Word.
Estrutura:
Títulos.
Obxectivos.
Metodoloxía.
Resultados.
Conclusións.
Os resumos deben estar claramente relacionados coa temática do Congreso.
PRAZOS DE PRESENTACIÓN:
Poderanse presentar tantos resumos como se estime oportuno.
Débese completar unha Ficha de Datos con:
- Autor/é (Nome e Apelidos).
- Titulación, Profesión, Centro de Traballo (se o houbese).
- Teléfono e mail de contacto.
Todos os resumos deberán ser presentados antes do 24 de Outubro de 2025 no mail contacto@afaco.es.
Unha vez presentado o resumo, confirmarase a súa recepción por correo electrónico.
BAREMOS PARA AVALIACIÓN POR PARTE DO COMITÉ CIENTÍFICO.
- Todos os resumos, previamente anonimizados, serán valorados polo Comité Científico, a obxecto de garantir que a súa decisión sexa obxectiva.
- Todos os Autores serán informados da decisión da Organización antes do 31 de Outubro de 2025.
- Seleccionaranse un máximo de 10 Comunicacións Orais .
Baremación:
- Presentación do traballo e énfase nas referencias bibliográficas. 0,20.
- Aplicación do procedemento investigador e cumprimento coas fases. 0,25.
- Importancia, énfase no obxectivo do Congreso, capacidade de síntese, e análise comparativa entre os diferentes contidos teóricos. 0,40.
- Reflexión e uso de evidencia científica. 0,15.
PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS ORAIS:
Comunicacións Orais:
- Un dos autores terá a oportunidade de defender o seu traballo, a través dunha exposición de 5 minutos, durante o espazo de Presentación de Comunicacións Orais, que terá lugar o Xoves, 27 de Novembro de 2025, de 11,30 a 12,30 h.
IMPORTANTE:
- O/os autor/é das Comunicacións Orais gozarán de inscrición gratuíta no Congreso.
- A participación nesta iniciativa de colaboración no Congreso, supón a aceptación íntegra das presentes bases.

