AFACO
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer da Coruña
A nosa misión
A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias da Coruña (AFACO) é unha organización sen ánimo de lucro que está dirixida a mellorar a vida das persoas que padecen a enfermidade, así como a das súas familias, mediante unha atención integral personalizada e de calidade contrastada.
Os obxectivos permanentes que persigue AFACO son:
-
Prestar asistencia psicolóxica e social aos familiares das persoas con Alzhéimer.
-
Asesorar aos familiares sobre cuestións legais, sociolóxicas e económicas.
-
Facilitar, mellorar e controlar a atención dos pacientes con demencia para mellorar a súa calidade de vida ao máximo.
-
Estimular os estudos sobre a incidencia e evolución terapéutica.
-
Instar aos diversos estamentos públicos a prestar unha maior atención ás persoas enfermas de Alzhéimer e aos seus coidadores e familiares.
-
Permanecer en contacto con entidades e asociacións dedicadas ao estudo da enfermidade, dentro e fóra de España, co propósito de estar ao día de cantos avances científicos se produzan.
-
Proporcionar e difundir nos medios de comunicación todo o que faga referencia ao posible diagnóstico da enfermidade e a terapia da mesma, ao obxecto de facilitar a asistencia adecuada.
Desde 1995 ao teu lado
A nosa traxectoria
Creación
O 7 de decembro constitúese AFACO como entidade sen ánimo de lucro para apoiar a familiares de persoas con alzhéimer.
1995
Divulgación
AFACO inicia charlas itinerantes na provincia da Coruña para fomentar o coñocemento sobre demencias en áreas sen asociacións locais.
1998
Sede
Inauguración do centro terapéutico de San Diego, sede social e espazo para programas como Activa-T e terapias.
2003
Expansión
Apertura do centro de día no Barrio das Flores, ofrecendo atención a xornada completa.
2011
Consolidación
Inaugúrase o centro terapéutico de Salvador de Madariaga, con atención a media xornada.
2012
Crecemento
Apertura dun novo centro terapéutico en Vales Villamarín, ampliando a rede de servizos de AFACO.
2024
A nosa organización
A xunta directiva de AFACO é o seu máximo órgano de goberno e exerce a súa representación. A súa función principal consiste en gobernar e administrar a Asociación, seguindo as directivas da asamblea xeral, sen perxuizo das funcións delegadas aos órganos de xestión.
A xunta directiva de AFACO está composta polos seguintes membros:
- PRESIDENCIA: A. Patricia Babío Carazo
- VICEPRESIDENCIA: Concepción Silvestre Antúnez
- SECRETARÍA: Mónica Pulleiro Valiño
- TESOURERÍA: Inés Hervada
- VOGAL: José González
- VOGAL: Purificación Campos
- VOGAL : Beatriz García Izquierdo.
Baixo a xunta directiva e por delegación desta atópanse os órganos de xestión, responsables de velar polo bo funcionamento dos centros e de asegurar a consecución dos fins que persegue a entidade. Os responsables destes órganos son:
- Directora de estrutura: Elisa Catoira Sánchez.
- Coordinador: Miguel Martínez Martínez.
- Directora técnica: Elena Mª Viqueira Rodríguez.
Entre as funcións destes órganos de xestión atópase a de responsabilizarse da organización dos centros de AFACO. Cada un dos devanditos centros conta, ademáis, cun técnico responsable do centro e con técnicos auxiliares.
Cada un dos centros de AFACO conta con profesionais de diversos perfís que se ocupan de proporcionar aos usuarios e ás súas familias unha atención integral. Todos eles están coordinados polos responsables de centro que, ademais de coordinar as tarefas, serven como ligazón dos traballadores co equipo directivo e coas familias.
Os responsables de centro de AFACO son:
- Centro terapéutico de San Diego: Dámaso Calvo Pérez-Solero
- Centro de día do Barrio das Flores: Teresa Pérez Pérez
- Centro de día de Salvador de Madariaga: Daniela Martínez
Técnicos de atención directa a familias:
- Psicóloga: Inés Junquera
- Traballadora social: María López Fernández
O equipo dos nosos centros inclúe una ampla variedade de perfís profesionais, entre os que atopamos:
- Psicólogos.
- Terapeutas ocupacionais.
- Fisioterapeutas.
- Traballadores sociais.
- Enfermeiras.
- Xerocultores.
- Administrativos.
AFACO mantén convenios marco de colaboración con:
- Concello da Coruña.
- Concello de Oleiros.
- CEAFA.
- Consellería de Política Social.
- Cruz Roja.
- Deputación de A Coruña.
- Federación Alzheimer Galicia.
- ALIA Network.
- Afundación.
- Básquet Coruña.
- BBVA.
- Fundación Barrié de la Maza.
- Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología.
- Fundación Roviralta.
- Muncyt.
- Museo de Belas Artes da Coruña.
- Museo de Arte Contemporáneo-Gas Natural Fenosa. Universidad Internacional Menéndez Pelayo.
- Concellería de Traballo.
- Colexio Salgado Torres.
- Voluntariado Galego.
- Grupo Regueira.
- Repronor.
- Sanitas.
- Fundación Mapfre.
- Fundación Fundalume.
No ano 2016, alcanzáronse novos convenios de colaboracióne renováronse outros xa vixentes:
- Grado en Terapia Ocupacional. Facultade de Ciencias da Saúde, da Universidade da Coruña.
- Grado en Logopedia. Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
- Grado en Educación Social. Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
- Licenciatura en Psicopedagoxía. Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
- Licenciatura en Psicoloxía. Universidade de Santiago.
- Facultad de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.
- Ciclo Formativo de Animación Sociocultural do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto.
- Ciclo Formativo de Atención a persoas dependentes do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto
- Ciclo de Animación sociocultural centro Tomás Barros.
- Escuela Infantil Municipal dos Rosales, da Coruña.
- Empresa Lapisoft. Desenrolo de aplicacións móbiles.
Quen somos
Órgano de dirección

Elisa Catoira Sánchez
Directora de estrutura

Elena Mª Viqueira Rodríguez
Directora técnica

Marcos Roibal Pravio
Director de Administración e Recursos Humanos
Responsables de centro

Daniela Martínez
Centro Salvador de Madariaga

Damaso Calvo
Centro San Diego

Teresa Pérez
Centro Barrio de las Flores