AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

AFACO presenta o programa «Tengo algo que contarte» no VI Congreso Nacional de Alzheimer, que se celebra en Valladolid

AFACO participará no VI Congreso Nacional de Alzheimer, que se celebra en Valladolid os días 12 ao 14 de novembro, para presentar o programa «Tengo algo que contarte» que promove a Asociación. 

Este programa é posíbel grazas á colaboración da Escola Infantil Municipal dos Rosales da Coruña e está dirixido a crear unha ligazón simbólica entre nenos e adultos, con demencia nunha fase inicial. Para iso, realízanse actividades conxuntas de interese común para pequenos e maiores.

O obxectivo deste programa terapéutico é promover a interrelación de nenos e adultos para que poidan compartir exercicios, xogos e experiencias e favorecer con iso o desenvolvemento e a solidariedade a través de métodos creativos. Así mesmo, poténciase a socialización do adulto, grazas á creación de vínculos entre o adulto e a comunidade á que pertence; estimúlase as capacidades cognitivas, físicas e funcionais; establécese unha relación afectiva entre neno e adulto; rompen as barreiras existentes entre uns e outros —mediante a práctica de xogos— e mellórase a calidade de vida das persoas maiores evitando o illamento, aumentando a vitalidade e incrementando a súa autoestima e motivación.

O programa comezou a impartirse por primeira vez no período escolar 2013-2014. Este curso, o grupo está integrado por 17 adultos e 20 nenos que participan en sesións semanais de 90 minutos, que lles permite manterse en contacto. Tamén levan a cabo encontros quincenais vía Skype.

Entre as actividades concretas postas en marcha neste curso, destacan as viaxes virtuais, o envío recíproco de comunicacións escritas (cartas e postais), a elaboración de recordos, encontros presenciais nos centros respectivos, excursións e a asistencia a eventos culturais.

Programa do VI Congreso Nacional de Alzheimer.  

Imaxes dos encontros.  

 

 

A nosa logopeda Nerea Rey fala do programa:

 

  • Voces de A Coruña, de Radio Voz, do 12 de novembro de 2015 (audio 1)
  • Informativos de Galicia de RNE, do 16 de novembro de 2015 (audio 2)

Audio

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar