AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

AFACO pon en marcha un punto de información sobre demencias

O centro terapéutico de AFACO situado na avenida Salvador de Madariaga, na Coruña, abrirá a partir do vindeiro mes de agosto un punto de información sobre demencias ao que poderá dirixirse calquera persoa interesada nas enfermidades neurodexenerativas. Coa creación deste novo servizo de atención, perséguese contribuír á sensibilización social, á prevención e ao diagnóstico precoz deste tipo de doenzas, ao tempo que se pon ao servizo de toda a sociedade, a información e o coñecemento acumulados por AFACO nos seus 19 anos de existencia.

A través deste punto de información darase a coñecer os servizos de atención que se prestan nas instalacións de AFACO e ofrecerase atención social a quen o requira, así como información sobre a enfermidade e sobre os recursos existentes que son máis axeitados en todo momento.


Así mesmo, proporcionarase atención integral personalizada ás persoas con Alzheimer e aos seus familiares, pero tamén está concibido para fomentar a divulgación das enfermidades neurodexenerativas, unha tarefa imprescindible para achegar a poboación información detallada das consecuencias sociofamiliares que carrexa o Alzheimer. En definitiva, grazas a este punto de información vai mellorar a accesibilidade aos servizos de apoio e de atención das persoas enfermas (e do seu ámbito) afectados por algún tipo de demencia neurodexenerativa.


A Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer de Vigo (Afaga) tamén vai abrir nesa cidade un punto de atención informativo de similares características. O proxecto conta co respaldo económico do programa Más Social, promovido pola Fundación Barrié e a Fundación Roviralta.

 

 

Horario de atención (con cita previa):

De 11:00 a 13:00 e de 16:30 a 18:00

Teléfono: 981 175 773

 

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar