AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

AFACO presenta o seu programa de actos para o Día Mundial do Alzheimer

  • Charlas informativas, colocación de mesas de cuestación na rúa, iluminación de edificios da cidade, un concerto solidario e unha misa polos enfermos e as súas familias son algunhas das actividades organizadas pola asociación

Charlas informativas, colocación de mesas en diferentes puntos da cidade, a iluminación da Torre de Hércules e doutros monumentos, un concerto da agrupación Amizades e unha misa polos enfermos e as súas familias son algúns dos actos cos que a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de A Coruña (AFACO), en colaboración co Concello e con outras institucións da cidade, celebrará o Día Mundial do Alzheimer.

As actividades arrincarán o xoves 14 de setembro, as 17.00 horas, cunha charla no centro Sarquavitae de Matogrande, na que a presidenta de AFACO, María del Carmen Martínez Pulleiro, e o psicólogo Juan Bonome explicarán os servizos que oferta a asociación, tanto para aqueles que teñen Alzheimer ou algún tipo de demencia como para os seus familiares coidadores.

O sábado 16 de setembro, representantes de AFACO desprazaranse a Santiago de Compostela para participar na Andaina Solidaria que organiza a Federación Alzheimer Galicia (FAGAL), cun percorrido de 5 kilómetros que comezará no Monte do Gozo.

O mércores 20 de setembro, o Real Club Deportivo de La Coruña, repartirá información sobre AFACO ós afeccionados que asistan ó partido que o equipo disputará contra o Alavés. Ademáis, amosarase nos marcadores, un vídeo alusivo ó Alzheimer.

No Día Mundial do Alzheimer, xoves 21 de setembro, AFACO distribuirá mesas por toda a cidade para que aqueles veciños que o desexen poidan obter información e efectuar un doativo. Ese mesmo día, os responsables e dependientes dos postos de tódolos mercados municipais vestirán un mandil alusivo ó Alzheimer. Tamén os traballadores dos centros Gadis da Coruña de da súa área metropolitana sumaranse a esta iniciativa e farano levando unhas chapas solidarias coa causa. A iluminación da Torre de Hércules e doutros edificios da cidade de morado, color simbólico da loita contra o Alzheimer servirá tamén, nesta data, para concienciar a poboación.

Como xa sucedera o pasado ano, a agrupación Amizades ofrecerá un concerto a beneficio de AFACO. A actuación será o venres 22 de setembro, ás 19.30 horas, na sede de Afundación situada no Cantón Grande da Coruña. Aqueles que desexen asistir poden adquirir as entradas, a un prezo de 10 euros, nos centros de AFACO ou na taquilla virtual de Afundación.

O domingo 24 de setembro, ás 12.30 horas, celebrarase na parroquia de San Pablo unha misa en lembranza dos enfermos de Alzheimer. Unha charla sobre envellecemento e condución, que terá lugar na sede da ONCE, o xoves 28 ás 19.00 horas; e unha conferencia no centro Geriatros de Montrove, o venres 29, porán fin ó programa de actividades.

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar