AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

AFACO recibe o Premio Antonio Baró polo seu compromiso coa prevención de riscos laborais

  • O galardón, que ten a súa orixe no ano 1993 e que concede MC Mutual, entrégase a empresas, persoas e institucións polo seu compromiso por incrementar a seguridade dos traballadores e por desenvolver políticas e protocolos para elo.

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de A Coruña (AFACO) recibiu o Premio Antonio Baró polo seu compromiso coa prevención de riscos laborais. O galardón, que concede MC Mutual, constitúe un recoñecemento a empresas, persoas e institucións que fan esforzos por incrementar a seguridade dos traballadores e que poñen en marcha políticas e protocolos activos para elo.

O director de MC Mutual en A Coruña e Lugo, Luis Grien Díaz, achegouse ó centro AFACO de Salvador de Madariaga para entregar o diploma acreditativo, que recolleron a presidenta de AFACO, María del Carmen Martínez Pulleiro, e a directora da asociación, Elisa Catoira.

A orixe destes premios remóntase ó ano 1993, data na que Mutual Cyclops instaurou os Premios Alas. Estes galardóns foron rebautizados co nome de Premios Mutual Cyclops Antonio Baró á Prevención de Riscos Laborais no ano 2002 e en memoria do que fora presidente da entidade durante 14 anos. No ano 2006, nace a actual MC Mutual, que mantén o interese por recoñecer o traballo das empresas e organizacións coa seguridade laboral.

"A Mutua segue a fomentar a prevención en clave positiva e a premiar as boas prácticas das empresas en materia de prevención e saúde laboral", explican os responsables de MC Mutual.

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar