AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

A agrupación Amizades ofrecerá o 22 de setembro un concerto a prol de AFACO

  • A actuación enmárcase dentro da programación do Día Mundial do Alzheimer, que se celebra esa mesma semana
  • A formación animará ó público cun repertorio que incluirá obras folclóricas, baladas, boleros e versións de grandes artistas

A agrupación Amizades voltará este ano a ofrecer unha actuación a prol da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de A Coruña (AFACO) co gallo da celebración do Día Mundial do Alzheimer. O concerto celebrarase o venres 22 de setembro, a partires das 19.30 horas, no auditorio da sede de Afundación, situada no Cantón Grande da Coruña.

Como nos seus anteriores concertos, entre os que hai que salientar o que ofreceu o pasado ano no Ágora a prol de AFACO, Amizades animará ó público cun amplo repertorio musical, que incluirá obras folclóricas, baladas, boleros e composicións de grandes artistas versionadas.

Amizades naceu no ano 2002 a iniciativa dun grupo de cidadáns que formaran parte da Asociación de Tunos Veteranos Coruñeses. Entre os 20 membros cos que conta actualmente a formación hai profesionais de moi diversos ámbitos, todos eles unidos pola súa afección pola música e polo seu desexo de colaborar con causas sociais e culturais.

A calidade de esta formación ven avalada, non so polos éxitos colleitados en tódalas súas actuacións e pola súa capacidade para conectar co público, senón tamén polo feito de ter compartido escenario con artistas e grupos tan importantes como Los Sabandeños, Los Panchos, Los Brincos, Café Quijano, Compay Segundo, Miguel Bosé e Rocío Durcal.

Ademais da colaboración mediante o pago da entrada, que terá un prezo de 10 euros, aqueles que o desexen poderán realizar aportacións económicas a través dunha fila 0 (consultar o cartel).

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar