AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

A aplicación de AFACO ‘YoTeCuido’, distinguida nos I Premios Salud Digital

  • Os galardóns, que concede o prestixioso grupo editorial Mediforum supoñen un recoñecemento a iniciativas que usan as novas tecnoloxías para fomentar a saúde e a calidade de vida.
  • A aplicación, creada por AFACO e Lapisoft, permite ós que a descargan resolver dúbidas sobre o Alzheimer, coñecer rutinas e actividades para facerlle fronte e obter enderezos de entidades ás que poden acudir.

A aplicación 'YoTeCuido', creada pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de A Coruña (AFACO) e Lapisoft para axudar ós familiares de persoas con Alzheimer e os que padecen éste ou outro tipo de demencia nunha fase inicial, foi distinguida como finalista dos I Premios Salud Digital, que organiza o grupo editorial Mediforum. Os galardóns teñen como obxectivo recoñecer as iniciativas que fan uso das novas tecnoloxías para fomentar a saúde, o benestar e a calidade de vida das persoas.

'YoTeCuido', que pode obterse de forma gratuita dende os teléfonos, naceu a finais do pasado mes de setembro e, a día de hoxe, xa supera o millar de descargas. A aplicación, ademais de de conter numerosa información destinada a resolver as dúbidas dos usuarios sobre o Alzheimer, ofrece rutinas e actividades dirixidas a persoas con demencia, unha guía con enderezos de entidades ás que as familias poden acudir na procura de axuda ou asesoramento e un diccionario de termos.

A información recollida na aplicación está baseada no libro 'AFACO responde: todo o que os coidadores familiares necesitan saber sobre a demencia', así como no 'Manual de formación especializada en demencias para coidadores non profesionais', editado pola Federación Alzheimer Galicia. O desenvolvemente informático corresponde á empresa coruñesa Lapisoft.

'YoTeCuido' compartiu cartel como finalista dos premios, na categoría de APP de Saúde, coas aplicacións 'Vivir con Epoc', deseñada polo persoal do Hospital Universitario La Paz de Madrid para os pacientes de esta enfermidade, e 'Asistente RCP', unha guía en tempo real con mensaxes visuais e auditivos para actuar ante situacións de emerxencias médicas graves.

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar