AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Asesoramento

Social

Información: Servizo que facilita información sobre a demencia, servizos que presta AFACO, como facerse socio ou calquera outro tema relacionado coa entidade ou as demencias. Nel trataranse de resolver as primeiras dúbidas e derivar ao profesional máis axeitado para resolver a demanda. Pódese solicitar cita previa coa traballadora social. De luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a 20.

Tramitación de recursos e axudas: Servizo no que a traballadora social informa sobre que recursos existen (tanto públicos coma privados), orienta sobre a idoneidade de cada un deles, segundo as características sociofamiliares de cada caso e ofrece apoio en todos os trámites que hai que facer para acadalos, coordinándose coas diferentes entidades e servizos.

Legal

Trátase dun servizo de asesoramento xurídico gratuíto. O noso avogado poderá asesorar en cuestións relativas á incapacitación, tutela, curadoría e outras cuestións de carácter legal.

Adaptación de ámbito

Servizo no que a terapeuta ocupacional aconsella as adaptacións do ámbito (do baño, do dormitorio...) necesarias para mellorar a autonomía da persoa afectada e a comodidade do familiar á hora de ofrecer os coidados.

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar