Axuda para o equipamento de Petunias
A Deputación da Coruña concedeu a AFACO unha axuda do FOIE 2025, destinada ao programa de entidades sen ánimo de lucro.
O obxectivo desta subvención é apoiar actuacións en materia de servizos sociais e conta cunha dotación de 9.373,46 €.
A contía destinarase á instalación da bomba de calor do centro e ao sistema de climatización.

