AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

A calidade da atención, nas xornadas interdisciplinarias de Fagal

O sábado 18 de outubro, o equipo humano de AFACO asistiu á duodécima edición das xornadas interdisciplinarias que organiza a Federación de Asociacións Galegas de familiares de enfermos de Alzheimer (Fagal) e nas que participaron un total de 175 profesionais do sector sociosanitario que traballan nas diferentes asociacións familiares de Galicia. Esta sesión formativa tamén estaba aberta aos estudantes do máster en Psicoxerontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

A inauguración desta edición correu a cargo da directora de Relacións Institucionais de la Xunta de Galicia, Blanca García Señoráns, mentres que o director de Asistencia Sanitaria da Consellería de Sanidade, Félix Rubial, presentou as principais liñas de traballo do Plan Galego de Cronicidade e a súa relación coa atención ás demencias.

A segunda parte da xornada xirou en torno ao «Dementia Care Mapping», que ofrece un cambio de perspectiva na metodoloxía de traballo á hora de atender ás persoas con algún tipo de demencia. A presentación correu A Cargo de Elena Fernández Gamarra, Francisca Gómez Pozuelo, Josep Vila Miravent e Duna Ulsamer Riera, da Fundación Alzheimer Catalunya.

Antes de clausurar as xornadas, entregouse un recoñecemento á Fundación Barrié, recollido polo seu director, Javier López Martínez, polo «apoio prestado» en numerosas ocasións ás asociacións de familiares ao ao a propia federación Fagal, con especial mención ao proxecto actualmente en marcha Rede Paraugas, ou a iniciativas formativas propias como son as diferentes edicións e modalidades de Máis Social.

A charla de clausura impartiuna Toni Puig, que ofreceu coa súa creatividade habitual, unha análise do pasado, presente e futuro do sector asociativo.

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar