AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Calidades dun bo coidador

Cando un enfermo ten a necesidade de precisar atención, a primeira persoa que esperamos, polo xeral, que se ocupe do seu coidado adoita ser un familiar próximo. Estes familiares fan todo o posible para "sobrevivir" ao tempo e o esforzo que lles supón o coidado; fano o mellor que poden. Pode resultar que o "traballo" lles sexa demasiado estresante física e emocionalmente, aburrido, difícil e/ou demasiado prexudicial para a súa propia vida. As intencións sempre son boas, pero moi poucos membros da familia poden soster un esforzo tan esixente de forma indefinida; a miúdo xorden sentimentos de culpa e outros duros pesares, como liamos en artigos anteriores, que poden facelos enfermar.

Motivos polos que se coida unha persoa maior: 

A maioría das persoas que coidan os seus familiares están de acordo en que se trata dun deber moral que non debe ser eludido e que existe unha responsabilidade social e familiar, unhas normas sociais, que deben ser respectadas. Non obstante, non é esta a única razón que pode levar ás persoas a coidar os seus familiares. Os coidadores tamén sinalan outros motivos para prestar coidados:

  • Por motivación altruísta, é dicir, para manter o benestar da persoa coidada, porque se entenden e comparten as súas necesidades. O coidador ponse no lugar do outro e sente as súas necesidades, intereses e emocións.
  • Por reciprocidade, xa que antes a persoa agora coidada llelos coidou.
  • Pola gratitude e estima que lles mostra a persoa coidada.
  • Por sentimentos de culpa do pasado: algúns coidadores toman o coidado como unha forma de redimirse, de superar sentimentos de culpa creados por situacións do pasado: "No pasado non me portei o suficientemente ben coa miña nai. Agora debo facer todo o posible por ela".
  • Para evitar a censura da familia, amigos, coñecidos, etc. no caso de que non se coidase o familiar na casa.
  • Para obter a aprobación social da familia, amigos, coñecidos e da sociedade en xeral por prestar coidados.
  • Todas as anteriores son razóns para coidar un familiar. Parece lóxico supoñer que o maior "peso" dunha ou outra razón influirá na calidade, cantidade e tipo de axuda que se proporcionará, así como no grao de satisfacción coa experiencia de coidado obtido polo coidador.

 

 

Máis información no blog El Taller de mis Memorias

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar