AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Centros adaptados ás necesidades

AFACO conta con tres centros na cidade da Coruña que ofrece atención personalizada e complementaria, axeitada á atención que precisan os seus usuarios.

A sede social da Asociación, en San Diego, así como as instalacións sitas en Salvador de Madariaga, 87, albergan senllos centros terapéuticos onde acoden a diario persoas afectadas por demencia nas súas fases iniciais.

Máis concretamente, no centro de AFACO San Diego realízanse diferentes actividades específicas de estimulación como o programa Activa-T, -que se imparte en horario de mañá, durante dúas horas, en días alternos-, ou programas diarios de estimulación vespertinos de catro horas de duración.

Non obstante, con carácter previo á incorporación da persoa con demencia a calquera dos nosos centros, realízase unha valoración cognitiva. Deste xeito, compróbase a idoneidade para o programa ao que quere asistir. Paralelamente, a traballadora social mantén unha entrevista coa familia.

Ademais, en calquera momento, a familia pode solicitar a derivación dun centro a outro -do centro terapéutico ao centro de día, por exemplo-. Unha vez cursada a petición, o equipo técnico de AFACO estuda de forma pormenorizada a conveniencia do devandito traslado. En caso de que a petición non proveña da familia, pero que a evolución da enfermidade así o requira, AFACO informará inmediatamente da conveniencia de derivar a persoa con demencia a outro centro.

Se o usuario non é susceptible de participar en ningún dos programas que a entidade ten en marcha, a familia recibirá información obxectiva dos recursos existentes, con independencia de que AFACO se encontre, ou non, en disposición de ofrecer o servizo que se considera máis axeitado nese momento. Se ten dúbidas, consúltenos.

 

Centro terapéutico San Diego 

Centro Cívico San Diego. Parque San Diego, s/n. 15006 A Coruña

Teléfono: 981 20 58 58 Horario de apertura: de 10:00 a 14:00 y de 16:00 a 20:00

 

Centro terapéutico Salvador de Madariaga 

C/ Salvador de Madariaga, 87

Teléfono: 981 17 57 73

Horario de apertura: de 10:00 a 14:00 y de 16:00 a 20:00

 

Centro de día 

Barrio das flores

C/Petunias, 33. B

Teléfono: 981 90 52 43

Horario de apertura: de 09:00 a 20:00

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar