AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Clausura do curso sobre demencias

Este xoves 12 de xuño, a Fundación Barrié da Coruña acolle, as 18:00, o acto de clausura e entrega de diplomas aos 60 asistentes ao II Plan de formación continua en demencias.

Está prevista a asistencia de:

Miguel Lorenzo, concelleiro de Servizos Sociais do Concello da Coruña

Mª Isabel Pérez, directora de Acción Social da Fundación Barrié

Mª Carmen Martínez, presidenta de AFACO

Este II Plan de formación continua en demencias, que se iniciou en xaneiro, incluíu a celebración de 10 charlas coloquios e de 2 talleres que foron impartidos por especialistas de recoñecido prestixio e por técnicos de AFACO.

A Asociación aposta pola formación ao longo da vida, profesional e persoal, consciente da importancia da formación continua tanto dos profesionais que interveñen con persoas afectadas por unha demencia coma polas súas familias.

Precisamente, coincidindo coa sesión de clausura, celébrase o último taller sobre «expresión corporal e e técnicas de estimulación en pacientes con Alzheimer», impartido pola musicoterapeuta Mita Beutel e pola psicóloga e terapeuta ocupacional de AFACO, Elena Viqueira.

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar