AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

O risco do estrés

O coidado dun enfermo crónico, como pode ser un enfermo de Alzheimer, require dun enorme esforzo por parte do que chamamos o seu coidador principal. En España, o perfil máis frecuente de coidador é unha muller, de mediana idade e que ten vinculación familiar co enfermo, sendo xeralmente a súa filla ou a súa esposa.

Estas persoas dedican un gran número de horas diarias ao coidado e á supervisión do enfermo sen encontrar, en moitas ocasións, suficientes momentos de descanso para recuperarse desta situación de estrés crónico. Nalgúns estudos formulouse que este estrés crónico do coidador é un factor de risco para o desenvolvemento dun declive cognitivo e mesmo unha demencia. Parece que é hora de coidar ao coidador principal... ofrecéndolle, por exemplo, formas de adestrar as súas funcións mentais, que aumenten os seus recursos cognitivos, ou ensinándolles formas de control do estrés. Pero analicemos por que. Non todos os coidadores estresados teñen este risco e os investigadores seguen buscando as variables que poidan intervir nesta relación.

A denominada síndrome metabólica ou síndrome de resistencia á insulina, podería ter un papel importante nesa relación entre o estrés e a posibilidade de desenvolver trastornos cognitivos nos coidadores de enfermos crónicos. Dentro desta síndrome inclúense factores como a hipertensión arterial, niveis elevados de azucre en sangue, baixo nivel de colesterol 'bo', altos niveis de triglicéridos en sangue e un exceso de graxa na zona da cintura, os cales se sabe que nos poñen en risco, de desenvolver enfermidades cardíacas. Ademais agora parece que, nalgúns casos, tamén poden favorecer o desenvolvemento de problemas de cognición en condicións de estrés crónico.

Un estudo publicado recentemente en Open Journal of Medical Psychology (2013) examina a relación entre ser coidador, a percepción subxectiva de problemas cognitivos e un índice de síndrome metabólica composta por diversas medidas como a presión sistólica ou a medida da cintura entre outras. A todos os participantes se lles realizou un seguimento durante oito anos, que mostrou inicialmente que aqueles con maior índice de síndrome metabólica presentaban tamén maiores queixas respecto do seu funcionamento cognitivo. 

 

Le o texto completo en Muy interesante.

 

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar