AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Curso de especialización en demencias para desempregados da rama sociosanitaria

  • Constará dunha parte teórica, que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 23 de maio no Centro Municipal de Emprego, e de 30 horas de prácticas que se poderán realizar ata o 9 de xuño.
  • Os participantes deben ter un título universitario ou un certificado de profesionalidade da rama sociosanitaria.

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer da Coruña (AFACO) e o Concello organizan un curso de especialización en demencias para desempregados da cidade, que comezará o vindeiro día 24 no Centro Municipal de Emprego (Carretera Fuertes Monte de San Pedro, 16). O curso constará dunha parte teórica, que se extenderá dende o inicio ata o 23 de maio, e de 30 horas de prácticas, que se poderán realizar ata o 9 de xuño.

Os destinatarios do curso son desempregados da cidade da rama sociosanitaria. Aqueles que desexen inscribirse deberán mostrar que teñen un título universitario ou un certificado de profesionalidade que acredite a súa preparación no mencionado ámbito.

En total, o curso contará con 100 horas (as 30 correspondentes ás prácticas máis 70 de teoría). As sesións teóricas no Centro Municipal de Emprego desenvolveranse en horario de 10.00 a 13.00 horas.

Como ocorre con outros cursos para desempregados, á hora de adxudicar as prazas, terán preferencia os menores de 30 anos e os maiores de 45, as paradas de longa duración, os inmigrantes e emigrantes retornados, as persoas con diversidade funcional, os colectivos pertencentes a etnias desfavorecidas e outras persoas en risco de exclusion social.

Aqueles que queiran realizar o curso deben poñerse en contacto con AFACO a través do número de teléfono 981 20 58 58 ou do correo electrónico contacto@afaco.es.

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar