AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Día Mundial do Alzheimer 2016

Venres 16 

Concerto benéfico da agrupación musical Amizades, no Agora, ás 20:00. Entradas disponibles nesta ligazón e no kiosco da praza de Ourense da Coruña, ao prezo de 10 euros.

Sábado 17

 

Andaina solidaria dentro da campaña #MarcandoPasoAlzhéimer de Fagal. Realizarase a pé o percorrido desde o monte do Gozo até o parque de Bonaval, en Santiago (arredor de 4 km), onde celebrarase un breve acto. Posteriormente tomarase un tentempé no colexio La Salle.

O desprazamento desde A Coruña realizarase en autobús. A saída está prevista ás 09:30 (na praza de Ourense) e a hora de regreso estimada é ás 17:30. Esta actividade é completamente gratuíta, previa reserva de praza, que se pode efectuar en calquera dos tres centros de AFACO.

Domingo 18

Eucaristía, ás 12:30, polas persoas aqueixadas de demencia falecidas e polas súas familias. Igrexia de San Pablo (Plaza Recife. A Coruña). 

Luns 19

Rolda de prensa, ás 11:30, na carpa que AFACO instalará nos Cantóns. 

Presentación, na carpa de AFACO dos Cantóns, ás 19:00, da nova plataforma dixital dirixida a familiares de persoas con alzhéimer, promovida por AFACo e desenvolvida por Lapisoft.

Martes 20

Presentación na carpa de AFACO dos Cantóns, ás 19:00, da nova edición do programa interxeneracional desenvolvido en colaboración coa escola infantil municipal de Los Rosales.

Mércores 21 

Instalación de mesas informativas en diferentes puntos da cidade. (rúa Juan Flórez, á altura do Hotel Hesperia; Plaza de Lugo, Rúa Nova; Riego de Agua; Mercado de Elviña; Cuatro Caminos, no Hotel Trip; rúa Barcelona (mercado); rúa Torre, Plaza Elíptica (Los Rosales) e Os Castros (frente ao mirador) e rúa San Andrés (coa Praza de Pontevedra). 

psicólogo de AFACO Juan Bonome impartirá, de AFACO dos Cantóns, a charla «O alzhéimer, unha enfermidade compartida», será ás 19:00. O faladoiro versará sobre aspectos xerais da enfermidade de Alzheimer ou outras demencias, tratamentos, a importancia da estimulación cognitiva nas primeiras fases da enfermidade, a sobrecarga dos coidadores, etc.

Xoves 22

Concerto da banda militar no Sporting Club Casino da Coruña (rúa Real, 83). O concierto comezará ás 20:00 e o concerto é libre e gratuíto, até completar aforo.

 

Mércores 28

Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal, investigador e experto internacional en xenética, impartirá a conferencia «As bases xenéticas das demencias». Será na Fundación Barrié, ás 20:00.

 

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar