AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Documentación requerida

Datos de identificación e convivencia:

  • DNI/NIE do solicitante ou calquera outro documento acreditativo da súa identidade, de conformidade coa normativa vixente, no suposto de que non se autorice á Administración ao acceso por medios propios.
  • Copia compulsada do libro de familia, que inclúa a folla na que apareza o nome do beneficiario, no caso de non posuír DNI, cando a persoa solicitante sexa menor de idade.
  • Acreditación da representación que se ten da persoa solicitante, se é o caso, e copia compulsada do DNI/NIE do representante, no suposto de que non se autorice á Administración para o acceso por medios propios.
  • DNI/NIE ou outro documento acreditativo da súa identidade, do cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos menores de 25 anos ou maiores en situación de minusvalidez, que dependan economicamente do solicitante, no suposto de que non se autorice á Administración para o acceso por medios propios.
  • Cando existan menores de idade que dependan economicamente da persoa solicitante, copia compulsada do libro de familia no caso de que estes non posúan DNI.
  • Certificado de convivencia da persoa solicitante segundo o padrón municipal.

 

Requisitos de empadroamento e residencia:

  • Certificado de empadroamento emitido polo concello correspondente que acredite a residencia nun municipio da comunidade autónoma no momento de presentar a solicitude, agás nos supostos das persoas que estean a ser atendidas dentro do sistema público de servizos sociais (residencias, centro de día, axuda no fogar) de Galicia, no suposto de que non se autorice a Administración para o acceso por medios propios.
  • Certificado/s de empadroamento emitido polos concellos correspondentes que acrediten a residencia da persoa solicitante en España durante cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Certificado de empadroamento que acredite a residencia de quen teña a súa representación, para o caso de menores de cinco anos.
  • Certificado emitido polo Ministerio do Interior que acredite o cumprimento dos mesmos períodos, no suposto de residentes que carezan da nacionalidade española.
  • Certificado de emigrante retornado expedido na delegación do Goberno correspondente ou mediante a correspondente baixa consular, no caso de ser emigrante retornado e non cumprir o requisito do período de residencia.

 

Informe de condicións de saúde:

  • Estarán exentas da presentación deste informe, as persoas solicitantes de homologación que tivesen recoñecida a necesidade de axuda de terceira persoa, cunha puntuación de 45 puntos ou máis, segundo o R.D. 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de minusvalidez).

 

Informe social:

  • Certificado de discapacidade coa puntuación de axuda de terceira persoa (ATP) cando fose emitido por outra comunidade autónoma, se é o caso.
  • Resolución de grao, se é o caso, cando sexa emitido por outra comunidade autónoma.

 

Expectativa do servizo/prestación:

  • Manifestación da persoa solicitante ou do seu representante, conforme aos puntosnº 9 e 10 do anexo da solicitude, da súa preferencia dentro do catálogo de servizos e prestacións económicas do sistema para a autonomía e atención á dependencia.

 

Datos económicos:

  • Declaración do imposto da renda das persoas físicas, certificado de toda clase de pensións percibidas pola persoa solicitante ou declaración xurada de non as percibir, no suposto de que non se autorice á Administración para o acceso por medios propios conforme ao modelo anexo da solicitude.
  • Declaración responsable acerca do patrimonio da persoa solicitante no que se detalle o conxunto das súas titularidades de bens e dereitos de contido económico, de maneira que quede completamente acreditada a súa situación patrimonial, conforme o anexo IX do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro.
  • Declaración do imposto da renda das persoas físicas, certificado de toda clase de pensións percibidas polo cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos menores de 25 anos ou maiores en situación de minusvalidez, economicamente a cargo da persoa solicitante, ou declaración xurada de non as percibir, no suposto de que non se autorice á Administración para o acceso por medios propios conforme ao modelo anexo da solicitude.
  • Declaración responsable acerca do patrimonio, conforme o modelo anexo IX do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, do cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos menores de 25 anos ou maiores en situación de minusvalidez, economicamente a cargo da persoa solicitante.

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar