AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Elena Fernández Gamarra, da Fundación Alzheimer Catalunya, avoga por promover que as persoas con Alzheimer «continúen coas súas rutinas»

Na enfermidade de Alzheimer, centrar a atención na afectada de demencia non soluciona todos os problemas, pero si invita a reflexionar sobre os coidados que estes pacientes reciben. Partindo desta premisa, a directora da Fundación Alzheimer Catalunya, Elena Fernández Gamarra, defende na Coruña que se promova que as persoas con Alzheimer continúen «coas súas rutinas e a súa normalidade» na medida das súas posibilidades. «As persoas con demencia teñen dereito a ser escoitadas e a que se preserven os seus dereitos e as súas preferencias», sinalou.

Fernández Gamarra impartiu o martes 9 de xuño, na sede da Escola de Negocios de Afundación, a primeira das tres xornadas de que consta o encontro formativo, que organizan a Universidade Menéndez Pelayo e AFACO, que versa sobre a atención e coidados que se prestan ás persoas con Alzheimer.

«Tendemos a actuar de forma mecánica e rutineira; fronte a este comportamento, a atención centrada na persoa proporciona ao individuo o máis axeitado para el en cada momento», precisou Fernández Gamarra. Nunha sociedade na que as persoas con minusvalidez, «a igualdade esquécese», Gamarra defende que se promova unha forma de actuar no que «as persoas poidan seguir tomando as súas propias decisións». Precisamente, segundo incidiu, para os pacientes afectados de demencia, «a cotianeidade é o que dá sentido á súa vida».

A pesar de que «traballar cunha persoa con demencia é traballar con incertezas, o obxectivo debe ser o de mellorar a súa calidade de vida e o seu benestar, aínda que non sempre se alcancen os resultados desexados,». Por esa razón, en palabras de Gamarra, «se unha persoa se encontra mal, dado que esa situación non podemos cambiala, podemos acompañala simplemente no seu malestar», aínda que destacou que se trata dunha situación difícil porque as persoas queren «solucións».

Fernández Gamarra impartiu o martes 9 de xuño, na sede da Escola de Negocios de Afundación, a primeira das tres xornadas de que consta o encontro formativo, que organizan a Universidade Menéndez Pelayo e AFACO, que versa sobre a atención e coidados que se prestan ás persoas con Alzheimer.

«Tendemos a actuar de forma mecánica e rutineira; fronte a este comportamento, a atención centrada na persoa proporciona ao individuo o máis axeitado para el en cada momento», precisou Fernández. Nunha sociedade na que as persoas con minusvalidez, «a igualdade esquécese», Gamarra defende que se promova unha forma de actuar no que «as persoas poidan seguir tomando as súas propias decisións». Precisamente, segundo incidiu, para os pacientes afectados de demencia, «a cotianeidade é o que dá sentido á súa vida».

O mércores, Rubén Muñiz, director de Investigación da Fundación Maria Wolff, será o encargado de presentar o modelo de traballo da devandita organización, mentres que o xoves será o director de I+D de la Fundación Matia, Javier Yanguas, o docente que clausurará as xornadas.

Este encontro formativo céntrase nos beneficios das terapias non farmacolóxicas, en cuxa implantación AFACO foi pioneira en Galicia. Estas xornadas céntran se especialmente en dous aspectos claves para a mellora da calidade de vida nas persoas con demencia, o bo trato e a creación de plans de intervención centrados no paciente. Unha e outra cuestión son básicas para a mellora dos servizos desenvolvidos polos profesionais e as familias.

 

 

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar