AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

A enfermidade de Alzheimer é a causa máis frecuente de demencia a calquera idade

A sospeita inicial vén dada por unha alteración na memoria recente que pode advertirse cando o paciente está moi repetitivo, formula as mesmas preguntas, coma se non nos tivese escoitado. Esta é a forma de presentación máis frecuente, aínda que existen outras variantes nas que se afectan outros aspectos como poden ser a linguaxe, por exemplo.

 

1. Se este é o escenario que temos, o primeiro que hai que facer é consultar ao médico de Atención Primaria, que fará unha primeira valoración e solicitará a analítica básica con hormonas tiroideas, vitamina B12, ácido fólico e seroloxía de sífilis (en zonas onde sexa frecuente) para tratar de descartar outras causas potencialmente tratables e reversibles.

2. Después solicitarase a valoración dun neurólogo/xeriatra/psiquiatra, segundo o ámbito sanitario no que nos movamos e as características do paciente. Neste nivel poderanse efectuar tanto exploracións cognitivas un pouco máis amplas (mediante unha serie de tests neuropsicolóxicos para explorar a orientación, a memoria, a linguaxe, etc.), segundo a dispoñibilidade de tempo, e probas de imaxe cerebral, coma unha TAC, unha resonancia magnética ou un SPECT cerebral, ou outras como a punción lumbar, segundo a dificultade diagnóstica.

 

En caso de dúbidas diagnósticas, casos de inicio moi xuvenil, ou casos familiares, entre outros, poderíase optar nalgúns ámbitos a unha valoración polos especialistas en Neuroloxía da Conduta (Unidades de Memoria).

En casos onde varias xeracións teñan a enfermidade a unha idade nova (menos de 65 anos), poderíase realizar consello xenético e estudo de xenes causais.

O problema preséntase cando o paciente carece de conciencia do problema e encontrámonos cun rexeitamento frontal a acudir aos médicos a pesar da insistencia dos familiares. En ocasións, este dilema soluciónase comunicando ao paciente que vai someterse a unha revisión rutineira, sen especificar que se trata dunha valoración da súa memoria. O feito de que o paciente logre empatía co primeiro especialista co que contacta é crucial para garantir o seguimento clínico e iso depende enteiramente do médico.

En casos extremos procédese á valoración domiciliaria, non articulada actualmente dende os servizos públicos de saúde.

 

Máis información en Know Alzheimer

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar