AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Expertos das fundacións Alzheimer Catalunya, Maria Wolff e Matia presentan na Coruña os seus modelos de atención centrada na persoa

«Tendemos a actuar de forma mecánica e rutineira e fronte a este comportamiento, a atención centrada na persoa proporciona ao individuo o máis axeitado para el en cada momento», sinalou Elena Fernández Gamarra, directora da Fundación Alzheimer Catalunya. Nunha sociedade na que as persoas con discapacidade, «a igualdade esquécese», Gamarra avogou por que se promova unha forma de actuar na que «as personas poidan seguir tomando as súas propias decisións». Precisamente, segundo insistiu Gamarra, para os pacientes afectados de demencia, «a cotidianeidade é o que dá sentido á súa vida».

La sede da Escola de Negocios de Afundación da Coruña acolleu, os días 9, 10 e 11 de zuño, un curso de verán organizado pola Universidade Menéndez Pelayo e AFACO, sobre atención centrada na persoa con Alzheimer. Durante este encontro monográfico, os docentes abordaron o modelo de atención que se presta en Alzheimer Catalunya, na Fundación Maria Wolff de Madrid e na Fundación Matia de Euskadi.

Pola súa banda, Rubén Muñiz, director de Investigación daa Fundación Maria Wolff, subliñou que os coidados centrados na persona constitúen «un modo de atención no que se debe ter en conta a opinión do paciente». Para iso, é necesario dotarse de «métodos» que permitan comprobar se os desexos manifestados polo paciente se corresponden realmente co «que quere e precisa». «Primeiro temos que pensar na persoa e despois na súa condición de paciente de Alzheimer», recalcou.

Precisamente para saber que lle convén á persoa enferma e que desexa, a Fundación Matia levou a cabo diversos estudos empíricos, que incluían seguimentos e entrevistas en profundidade a persoas con demencia e a organización de grupos de discusión e debate. «Buscabamos coñecer que é o importante para estas persoas», explicou Javier Yanguas, responsable de I+D da ONG vasca. Esa analise pormenorizada dos costumes permitiulles inferir que, unha persoa con Alzheimer, a consecución das rutinas diarias «a vive como un éxito». «Hábitos como mercar o pan ou dar un paseo son os que dan sentido á súa vida», indicou Yanguas.

Alzheimer Catalunya Fundació é unha organización dirixida a informar, asesorar e acompañar ás persoas afectadas por unha demencia, aos seus familiares e aos profesionales do sector, axudándoos a afrontar e xestionar os cambios e as novas situacións que comporta a evolución da enfermidade.

A Fundación Maria Wolff promove a investigación clínica nas demencias. Dende 1994, céntrase nas terapias non farmacolóxicas aplicadas en centros de día e residencias. O obxectivo da Fundación é facilitar aos pacientes, aos seus coidadores directos e a os profesionais que os atenden as mellores técnicas disponibles para mellorar a calidade de vida daas persoas con demencia.

A Fundación Matia é unha ONG creada hai 134 ano e dedicada a acompañar ás persoas no seu proceso de envellecemento para mellorar o seu benestar, xerando coñecemento e servizos persoalizados que promovan a su autonomía e dignidade.

 

Galería de fotos das xornadas

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar