AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Exposición virtual

A exposición virtual xurde co obxectivo de facela máis accesible a todas aquelas entidades que amosaron o seu interese na mesma.

A nosa proposta é que as entidades poidan dispor da exposición durante un mes, periodo no que poderán ofrecer visitas virtuais guiadas, dirixidas a distintos colectivos. Para o desenvolvemento das mesmas, unicamente é preciso un ordenador con conexión a internet e un proxector. Ademais, disponse dun vídeo explicativo dos obxectivos perseguidos cos diferentes paneis.

Unha sensacional aproximación ao Alzheimer

A exposición Xente "De Mente" é o proxecto divulgativo de maior alcance de AFACO. Foi inaugurada no ano 2008 e dende entonces ten percorrido un gran número de localizacións, tanto a nivel galego coma a nivel estatal. No ano 2012, estreamos a súa versión virtual.

Obxectivos

A exposición plantéase como obxectivo primordial aproximar a problemática que supón a enfermidade de Alzheimer ao público en xeral. Está dotada dun carácter interactivo lúdico, que a impregna dun especial atractivo e que posibilita adquirir os coñecementos básicos acerca da enfermidade, dun modo sinxelo e agradábel.

Contidos

A exposición virtual consta de 25 paneis, divididos en dúas partes:

  • A primera, descriptiva, que consta de 16 módulos, nos que se presentan e explican os aspectos máis importantes vencellados coa enfermidade.
  • A segunda, máis impactante e sensorial, que consta de 9 módulos, coa que se pretende que o visitante experimente, na medida do posible, algúns dos síntomas e sensacións que sofre unha persoa pola enfermidade de Alzheimer.

Destinatarios

La exposición está dirixida a todos os públicos, dente os máis cativos até a terceira idade, un sector cada vez máis importante e especialmente interesado e sensibilizado co tema.

Condicións

  • Á exposición virtual poderase acceder a través de internet, mediante un nome de usuario e un contrasinal.
  • Permitirase o acceso durante un mes.
  • As entidades interesadas en contar coa exposición deberán cubrir o formulario de solicitude (e que ao facer click, saia o formulario).
  • Establécese un pagamento único de 150€, que permitirá a AFACO sufragar os custos derivados da posta en marcha e do mantemento do proxecto.

Pasos para realizar a solicitude

  • Cubrir o formulario
  • Dende AFACO confirmarase a dispoñibilidade da exposición, ao e-mail de contacto que se facilite, e indicarase os datos bancarios precisos para realizar o ingreso.
  • Realizar o ingreso bancario e remitir por e-mail unha copia de xustificante do mesmo, ao enderezo contacto@afaco.es
  • Dende AFACO proporcionarase un nombre de usuario+contrasinal, co que se poderá acceder á exposición durante 1 mes.

Formulario de solicitude














Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar