AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

«As familias preguntan a miúdo se van herdar a enfermidade»

Entidades como AFACO revélanse una ferramenta necesaria na mellora da calidade de vida das persoas con Alzheimer. Case un millón de persoas padécena en España, e delas, unhas 63.000 residen en Galicia. María del Carmen Martínez Pulleiro é a presidenta dunha organización que, dende a súa fundación hai case vinte anos, atendeu as necesidades de máis de medio millar de familias da Coruña e acaba de inaugurar a segunda edición do Plan de Formación Continua en Demencias.

Texto: Lucía Tenreiro (El Ideal Gallego)

Fotos: AFACO

 

Cando un plan acada a súa segunda edición é porque a primeira deu resultados.

AFACO aposta pola formación dende a súa constitución hai 18 anos, porque consideramos que é esencial para os coidadores, tanto profesionais coma familiares de enfermos.

Cantas persoas asisten?

Pechamos o prazo en setenta. Tivemos máis demanda pero non foi posible darlle acollida.

A formación é o piar básico na atención do paciente?

É fundamental, dado que a enfermidade pasa por diferentes fases dende a súa diagnose. É un proceso longo e o familiar-coidador require unha serie de coñecementos para poder facerlle fronte nas súas diferentes etapas.

O programa aborda todos os aspectos do Alzheimer. Que criterios seguiron na súa elaboración? Tiveron en conta as suxestións dos asociados de AFACO?

Polo contacto diario coas familias sabemos cales son os asuntos que máis lles preocupan, as preguntas máis frecuentes. O deseño fixémolo nós, pero démoslle un enfoque de pregunta-resposta, que permite aos familiares formular as súas inquedanzas e resolver as súas dúbidas máis importantes. Eles fannos chegar as súas preguntas, que nós nos encargamos de enviarlle previamente o relator, quen as estuda para poder respondelas alí mesmo.

Cales son as preguntas máis frecuentes que chegan a AFACO?

As preguntas das familias adoitan ser case sempre as mesmas, acerca da evolución dos seus doentes, os últimos medicamentos á venda, as axudas, económicas ou de asistencia e, sobre todo, se van herdar a enfermidade, en que medida inflúe o factor hereditario no Alzheimer. Algunhas desas preguntas non teñen resposta aínda. Moitas non teñen resposta, e encontralas debe ser un obxectivo común de toda a sociedade.

Nos últimos anos, avanzouse na investigación da enfermidade?

Hai moitas liñas abertas e, aínda que xorden noticias cada certo tempo, trátase de investigacións a longo prazo, e no que a curación se refire, de momento non hai nada. Algúns estudos apuntan a que cada vez se dan máis casos en persoas novas. É unha enfermidade asociada á idade e, canto máis alto é o índice de poboación envellecida, máis casos de demencia hai. É verdade que se dan casos de persoas novas, pero afortunadamente é unha minoría.
 

Le a entrevista completa no xornaEl Ideal Gallego

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar