Formación en atención sociosanitaria a dependentes

Estes días reunímonos con responsables do concello de Cambre e técnicos do municipio para avanzar no desenvolvemento do “PROXEDIS SOCIO Sanitario-Educativo II”.

A iniciativa busca contribuír á formación de persoas desempregadas nun sector de gran dimensión social como é a atención a persoas dependentes. Con tal motivo, María Yolanda Díaz Baldomir e Ramón Boga Moscoso como representantes da corporación, participaron nun encontro con Elisa Catoira e Elena Viqueira, responsables dos órganos de xestión de AFACO, para implementar detalles da renovación deste convenio.

Durante os próximos meses, alumnos dos talleres de emprego locais, realizarán prácticas na nosa entidade, con idea de adquirir formación na atención que se desenvolve no sector socioasanitario.