AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Xente "De Mente"

Unha sensacional aproximación ao Alzheimer

Inauguración

A Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer da Coruña (AFACO), ten entre os seus obxectivos prioritarios, sensibilizar ao conxunto da sociedade sobre a problemática que comporta esta patoloxía. Partindo desta idea, hai aproximadamente un ano, planteámonos realizar unha exposición, dirixida a todos os públicos, lúdica e interactiva, dirixida a aproximar o que esta enfermidade supón ao maior número posible de persoas.

Así naceu Xente "De Mente", exposición composta por distintos módulos descriptivos, nos que se presentan e explican os aspectos máis importantes vencellados coa enfermidade, así como por módulos interactivos, sendo esta a parte máis impactante e sensorial, na que se pretende que o visitante experimente, na medida do posíbel, algúns dos síntomas e sensacións que sofre unha persoa afectada polo Alzheimer a través de distintas probas e xogos.

Visita Guiada

A exposición que se inaugurou na Coruña, o pasado 5 de maio, coa asistencia de Dña. Silvia Longueira (concelleira de Servizos Sociais do Concello da Coruña), Dña. Margarida Vázquez (concelleira delegada de Igualdad e Participación), D. Manuel Aguilar (director da Obra Social Caixa Galicia) y Mª Carmen Martínez (presidenta de AFACO). A continuación, tivo lugar unha visita guiada, na que participaron unha nutrida representación de socios de AFACO.

Breve descripción do proxecto

Paneles Descriptivos

Xente "De Mente" nace como resultado dun intento por aproximar a problemática que supón a enfermidade do Alzheimer ao público en xeral. O propio título da exposición pretende transmitir o seu carácter interactivo e lúdico. Procura, ademais, romper co prexuízo que aínda se manten de que estar demente é o mesmo que estar tolo.

Polo tanto, o obxectivo fundamental deste proxecto, é facer que o ciudadano comprenda o polo menos que teña unha visión máis cercana do Alzheimer. Para iso, a exposición consta de dúas partes:

  • A primeira, descriptiva, que consta de 16 módulos, na que se presenta e explican os aspectos máis importantes vencellados coa enfermidade.
  • o A segunda, máis impactante e sensorial, que consta de 11 módulos, coa que se pretende que o visitante experimente, na medida do posible, algúns dos síntomas e sensacións que sofreun afectado de Alzheimer. Para iso, a exposición recorre á interactividade.

Esta exposición está dirixida a todos os públicos, dende os máis cativos até a terceira idade, un sector cada vez máis importante e especialmente interesado e sensibilizado polo tema. Iso implica que a exposición ten que ter un carácter eminentemente divulgativo e accesible. E ademais, debe combinar un importante compoñente interactivo que refuerce o seu atractivo sen descoidar a parte descriptiva que satisfaga aos visitantes máis "clásicos".

Paneles Inteactivos

Como pode deducirse do exposto con anterioridade, este proxecto xurde coa idea de achegar o Alzheimer á xente. E este obxectivo non se restrinxe ao plano informativo, senón que tamén se pretende aplicar ao ámbito xeográfico. É dicir, a aposta é realizar unha exposición itinerante que poida verse na maior cantidade de localizacións posíbeis. Por este motivo, apóstase por un deseño que optimiza a mobilidade, traslado, mantenemento e instalación da exposición. Este deseño está baseado en paneis con entidade propia, é dicir, cada panel ten sentido por si mesmo, trata sobre un tema concreto.

A exposición consta de 27 paneis gráficos o módulos, que combinan texto e imaxes. Nalgúns casos o panel incluirá elementos físicos sinxelos coma tapas deslizantes, pequenos obxectos colgantes que permitan realizar alguna actividade etc. Cada panel é independente do resto e o seu contido ten sentido por si mesmo de modo que o visitante pode deseñar o seu propio percorrido da exposición "á carta". Saltando dun a outro sen necesidade de seguir unha orde determinada.

Por norma xeral, cada panel consta de tres elementos:

  • Un título rechamante, que introduce dunha forma atractiva o aspecto a tratar.
  • Unha explicativa moi sinxela e divulgativa da cuestión e que poderá ir complementada por fotografías ou gráficos.
  • Un elemento interactivo: pregunta con multirresposta; actividade intelectual ou incluso actividade física.

Nos paneis que conforman a parte informativa, a pregunta ou proba final será unha cuestión que enlaza directamente coa explicación precedente.

Nos paneis que conforman a parte sensorial, o elemento interactivo irá acompañado dun pequeno texto que xustifique cal é o obxecto (que se pretende transmitir) ao enfrontar ao visitante a ese reto.

ITINERANCIA

A exposición Xente "De Mente" foi inaugurada en maio de 2008 na Coruña. Dende entonces e durante máis de dous anos percorreu as principais vilas galegas e diferentes lugares do Estado.

Na actualidade, está instalada no Centro de Día AFACO-Barrio das Flores.

Poden consultar o itinerario que seguiu a exposición nos documentos xuntos.

Adxuntos

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar