AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

III Plan de Formación Continua en demencias 2015

Eulàlia Cucurella, presidenta da Fundació Alzheimer Catalunya, será a encargada de inaugurar o III Plan de formación continua en demencias de AFACO que comeza o próximo 5 de febreiro e que se prolongará até o 26 de marzo incluído.

Durante oito semanas, socios e non socios da Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer da Coruña terán a oportunidade de actualizar os seus coñecementos sobre as demencias. En concreto, na sesión inaugural, Eulàlia Cucurella falará sobre as «habilidades de comunicación co paciente con demencia».

O 12 de febreiro, a psicóloga de AFACO e profesora universitaria Elena Viqueira abordará o «manexo clínico das alteracións conductuales».

As «terapias non farmacolóxicas» será o asunto que centre a conferencia que impartirá, o 19 de febreiro, Adriana Ávila, terapeuta ocupacional e profesora de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña.

O psiquiatra, especializado en bioética, Fernando Márquez será o experto que o 26 de febreiro presente as «consideracións éticas nos coidados a persoas dependentes».

A psicóloga de AFACO Elena Viqueira tamén falará aos asistentes na charla do 5 de marzo sobre a «estimulación do paciente en estadíos moderados e avanzados».

O 12 de marzo, Rodrigo Rubial, como fisioterapeuta, e Olalla Ventura, enfermeira e terapeuta ocupacional de AFACO tratarán un asunto eminentemente práctico: «Como previr as úlceras por presión».

Unha semana despois, o 19 de marzo, a xeriatra do Hospital de Oza Eva López e a logopeda de AFACO Nerea Rey abordarán a cuestión da «alimentación adaptada en persoas con demencias».

Finalmente, o psicólogo de AFACO Juan Bonome e a musicoterapeuta Adriana Beutel ocuparanse o 26 de marzo de explicar o mellor xeito de coidar o coidador.

 

 

HORARIO: As sesións celebraranse, os xoves, en horario de 16:30 a 19:00.

PREZO: Para socios e voluntarios de AFACO, gratis.

             Non socios de AFACO, 50 euros

 

 

As inscricións deberán tramitarse no teléfono 981 17 57 73 ou a través de contacto@afaco.es

 

Máis información sobre o III Plan de formación en demencias 2015 de AFACO

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar