AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

A iluminación da Torre de Hércules de morado rubricou unha xornada na que AFACO saiu á rúa para explicar o seu traballo ós coruñeses

  • O día Mundial do Alzheimer celebrouse tamén nos mercados municipais, onde os traballadores luciron uns mandís solidarios coa causa, e nos supermercados Gadis, onde os dependentes portaron chapas alusivas á conmemoración.

A Torre de Hércules tinguiuse de morado ó caer a noite dunha xornada, a do Día Mundial do Alzheimer, na que AFACO, un ano máis, saiu á rúa para dar a coñecer o seu traballo ós cidadáns. A imaxe do faro romano Patrimonio da Humanidade serviu como colofón a moitas horas de intensa actividade, durante as que os traballadores e os voluntarios de AFACO, repartidos en mesas situadas por toda a cidade, puideron comprobar a solidariedade dos coruñeses e o seu interese por recibir información acerca do Alzheimer.

A iluminación da Torre non foi o único acto simbólico co que a cidade e os seus veciños apoiaron a loita contra o Alzheimer. Os traballadores dos postos de tódolos mercados municipais levaron uns mandís alusivos ó Día Mundial do Alzheimer e os dependentes dos supermercados Gadis da Coruña e da súa área metropolitana portaron unha chapa solidaria coa causa.

A proxección do vídeo elaborado pola Federación Alzheimer Galicia (FAGAL), á que pertence AFACO, en diferentes pantallas ubicadas en rúas da cidade serviu tamén como medio de concienciación durante toda a xornada. O vídeo proxectouse tamén, no día previo, no estadio de Riazor, durante o partido que disputaron o Deportivo e o Alavés. O apoio do club coruñés materializouse tamén durante o entrenamento do propio día 21 de setembro, no que os xogadores do equipo ataron as súas botas con cordóns morados para mostrar o seu cariño ós enfermos de Alzheimer e ás súas familias.

Os actos organizados por AFACO con motivo do Día Mundial do Alzheimer prolongáronse máis aló da data da conmemoración. O concerto da agrupación Amizades, celebrado ó día seguinte nun auditorio de Afundación Abanca prácticamente cheo, e a misa en recordo dos enfermos de Alzheimer falecidos remataron a semana. Unha conferencia sobre envellecemento e condución que acollerá a sede da Fundación ONCE no Cantón Grande o próximo 28 de setembro porá fin á programación.

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar