AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Intervención psicolóxica

Terapia individual

Esta intervención busca colaborar co familiar na diminución das múltiples alteracións que sofre no estado de ánimo, debida á situación de coidados continuos que realiza: depresión, ansiedade, soidade, angustia son algunhas das máis frecuentes. Ademais, algunha situacións de coidado levan ao familiar ao abandono da súa vida persoal, das súas necesidades e inclusive do seu proxecto vital. Como estratexias de afrontamento destas problemáticas, empregamos: información acerca da sintomatoloxía da EA, diminución da tensión físicocognitiva, expresión de emocións, solución de problemas, intervencións dirixidas á redución do illamento social.

Terapia grupal

Os grupos de terapia de autoaxuda teñen como obxectivos entre outros: información aos familiares acerca dos síntomas da enfermidade, adquisición de estratexias de afrontamento dos coidados segundo o momento da enfermidade, a expresión de emocións, resolución de problemas que podenxurdirdos coidados continuos que o familiar deberá solucionar. A frecuencia de realización das terapias é quincenal, sendo o día escollido o martes, en horario de 17:00 a 19:00. Actualmente, reúnense dous grupos, un composto por cónxuxes de persoas enfermas e outros por fillos e fillas de persoas con Alzheimer.

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar